Ernest Borgnine
Ermes Effron Borgnino, nado en Hamden (Connecticut) o 24 de xaneiro de 1917 e finado nos Ánxeles (California) o 8 de xullo de 2012, foi un actor estadounidense.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de emigrantes italianos, uniuse ao exército dos Estados Unidos en 1935, tras rematar o instituto. Deixouno en 1941 pero realistouse tras o ataque a Pearl Harbor, servindo nel ata 1945. Tras acabar a segunda guerra mundial decidiu estudar interpretación, comezando a súa carreira teatral en 1947. O seu primeiro gran papel no cinema foi en De aquí á eternidade, en 1953. Dous anos despois, gañou o oscar ao mellor actor por Marty.
Tivo tamén unha longa carreira na televisón, en series coma McHale’s Navy ou Airwolf. Puxo voz a Mermaid Man na serie de animación SpongeBob SquarePants. Seguiu actuando ata pouco tempo antes da súa morte.
Filmografía
[editar | editar a fonte]| Ano | Filme |
|---|---|
| 1953 | De aquí á eternidade |
| 1954 | Johnny Guitar |
| 1954 | Demetrius and the Gladiators |
| 1954 | Vera Cruz |
| 1955 | Bad Day at Black Rock |
| 1955 | Marty |
| 1955 | The Last Command |
| 1956 | Jubal |
| 1956 | The Best Things in Life Are Free |
| 1958 | The Vikings |
| 1958 | Torpedo Run |
| 1961 | Barrabás |
| 1965 | The Flight of the Phoenix |
| 1966 | The Oscar |
| 1967 | The Dirty Dozen |
| 1968 | Ice Station Zebra |
| 1969 | Grupo salvaxe |
| 1971 | Bunny O’Hare |
| 1972 | A aventura do Poseidón |
| 1979 | The Black Hole |
| 1980 | When Time Ran Out |
| 1981 | 1997: Rescate en Nova York |
| 1997 | Gattaca |
| 1998 | BASEketball |
| 2002 | 11'09"01 September 11 |
| 2006 | Blueberry, a experiencia secreta |
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ernest Borgnine |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ernest Borgnine na IMDb (en inglés).