Barrabás (filme de 1961)
Aparencia
Barrabás (en inglés: Barabbas) é un filme italiano de 1961 dirixido por Richard Fleischer. Está protagonizado por Anthony Quinn como Barrabás, xunto con Silvana Mangano, Katy Jurado, Arthur Kennedy, Harry Andrews, Ernest Borgnine, Vittorio Gassman e Jack Palance, e foi distribuído por Columbia Pictures. Foi concibido como un gran filme épico romano e baséase na novela Barabbas, obra do Premio Nobel de Literatura Pär Lagerkvist.
Foi rodado en Verona e Roma baixo a supervisión do produtor Dino De Laurentiis. Inclúe moitas escenas salientables, como unha batalla de gladiadores en Cinecittà ou unha crucifixión durante un eclipse solar real.
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Anthony Quinn como Barrabás
- Arthur Kennedy como Poncio Pilato
- Jack Palance como Torvald
- Silvana Mangano como Raquel
- Harry Andrews como Pedro
- Ernest Borgnine como Lucio
- Katy Jurado como Sara
- Vittorio Gassman como Sahak
- Norman Wooland como Rufio
- Valentina Cortese como Julia
- Arnoldo Foa' como Joseph of Arimathea
- Michael Gwynn como Lázaro
- Laurence Payne como discípulo
- Douglas Fowley como Vasasio
- Guido Celano como Scorpio
- Enrico Glori
- Carlo Giustini como oficial
- Gianni di Benedetto como oficial
- Robert Hall como comandante dos gladiadores
- Rina Braido como taberneira
- Nando Angelini
- Tullio Tomadoni como cego
- Joe Robinson como Gladiador