Saltar ao contido

Erik Olin Wright

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaErik Olin Wright

(2013) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento9 de febreiro de 1947 Editar o valor en Wikidata
Berkeley Editar o valor en Wikidata
Morte23 de xaneiro de 2019 Editar o valor en Wikidata (71 anos)
Milwaukee Editar o valor en Wikidata
Causa da morteleucemia mieloide aguda (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Presidente da Asociación Americana de Socioloxía
2012 – 2012
 Randall CollinsCecilia L. Ridgeway  Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
Ideoloxía políticaMarxismo analítico (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de California, Berkeley - socioloxía (–1976)
Balliol College - historia (–1970)
Harvard College - estudos sociais (–1968) Editar o valor en Wikidata
Director de teseArthur L. Stinchcombe e Michael Reich (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónsociólogo, profesor universitario Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de Wisconsin-Madison Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
DoutorandoVivek Chibber, Gøsta Esping-Andersen (pt) Traducir, Robin Stryker (en) Traducir, João Alexandre Peschanski (pt) Traducir, George Steinmetz, Wilmot James (en) Traducir, Andrew Szasz, Josh Whitford (en) Traducir, Devah Pager, Eduardo Bonilla-Silva (en) Traducir, Shamus Khan (pt) Traducir e Stephanie Luce Editar o valor en Wikidata
Familia
ParentesRobert L. Kahn, sogro Editar o valor en Wikidata
Premios

Sitio webssc.wisc.edu… Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1162096 Dialnet: 234203

Erik Olin Wright nado en Berkeley (California) o 9 de setembro de 1947, e finado 23 de xaneiro de 2019, foi un sociólogo marxista estadounidense.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Estudou na Universidade de Harvard e no Balliol College de Oxford e na Universidade de California. É profesor na Universidade de Wisconsin, Madison. É director do Real Utopias project, un foro de discusión, investigación e publicacións sobre a transformación social.

Pensamento

[editar | editar a fonte]

Olin Wright pretende repensar as teorías clásicas marxistas sobre a estrutura de clases nas sociedades capitalistas contemporáneas. Estas están apegadas excesivamente á identificación do obreiro co traballador manual produtor de mercancías sen clarificar a posición que ocupan os demais asalariados na definición de intereses de clases e na propia loita de clases. Para Olin Wright a distinción entre traballo produtivo e improdutivo é secundaria, pois ela non supón unha diferenza substancial dos intereses de clase. En ámbolos dous casos o capitalista obtén unha plusvalía aínda que xerado en fases e momentos distintos. Aínda que os distintos tipos de traballadores no capitalismo avanzado poden ter intereses inmediatos dispares comparten aqueles que son fundamentais. O socialismo debe artellar unha estratexia que teña en conta ambos tipos de intereses. A revolución acontece cando os explotados ven coincidir os intereses inmediatos cos fundamentais.

Olin Wright subliña que Lenin non tivo en conta suficientemente o factor organizativo, polo que acode a Max Weber para sacar as consecuencias políticas para a toma organizada do poder por parte da clase obreira. Resulta fundamental erosionar as formas burocráticas do capitalismo e non reproducilas no proceso revolucionario da toma de poder por parte da esquerda. A participación directa dos colectivos de traballadores organizados é esencial. Se non se robustece e cohesiona previamente a capacidade da clase obreira, usar o Estado capitalista tardío para destruílo pode xerar unha nova forma de corporativismo alleo ao interese do traballador.

  • Class, Crisis and State
  • Classes
  • Class Counts: Comparative Studies in Class Analyses
  • Interrogating Inequality