Skogskyrkogården
Aparencia
Skogskyrkogården | |
---|---|
Cemiterio do monte | |
Patrimonio da Humanidade - UNESCO | |
País | Suecia |
Localización | Coordenadas: 59°16′32″N 18°05′58″L / 59.275555555556, 18.099444444444 |
Tipo | Cultural |
Criterios | II, IV |
Inscrición | 1994 (18ª sesión) |
Rexión da UNESCO | Europa e América do Norte |
Identificador | 558 |
O Skogskyrkogården (en galego Cemiterio do monte) está situado no distrito de Enskededalen, ó sur da cidade de Estocolmo, en Suecia.
Foi deseñado polos arquitectos Erik Gunnar Asplund e Sigurd Lewerentz, gañadores dun concurso para a construción dun gran cemiterio na cidade de Estocolmo. Está construído adaptándose a natureza do monte, con varias capelas e un crematorio. A súa forma é un modelo seguido na construción doutros cemiterios. Contén arredor de 50.000 tumbas, segundo as cifras do propio cemiterio.[Cómpre referencia]
Foi declarado Patrimonio da Humanidade en 1994 pola Unesco.[1]
Galería
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Skogskyrkogården" (en inglés).