Eparquía católica ucraína de Buenos Aires
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde setembro de 2014.) |
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Poboación | ||||
Poboación | 200.000 (1970) (0,07 hab./km²) | |||
Lingua usada | lingua ucraína | |||
Relixión | catolicismo | |||
Xeografía | ||||
Parte de | ||||
Superficie | 2.780.951 km² | |||
Catedral | Q12109148 | |||
Páxina web | eparquia-pokrov.org |
A eparquía de Santa María do Patrocinio de Buenos Aires (en latín: Eparchia Sanctae Mariae a Patrocinio Bonaërensis Ucrainorum) é unha sé da Igrexa Católica Ucraína sufragánea da arquidiocese de Buenos Aires. En 2009 tiña 166.400 bautizados.[1] Dende 2016 o seu bispo é Daniel Kozelinski Netto.
Territorio
[editar | editar a fonte]A eparquía ten xurisdición sobre todos os fieis católicos ucraínos da Arxentina. A sé episcopal é a cidade de Buenos Aires, onde está a catedral de Santa María do Patrocinio. O territorio está organizado en 20 parroquias.
Historia
[editar | editar a fonte]O 9 de febreiro de 1968 foi erixido o exarcado arquiepiscopal da Arxentina para os fieis ucraínos, até entón baixo xurisdición do ordinariato para os fieis de rito oriental da Arxentina.[2] O 24 de abril de 1978o exarcado foi elevado a eparquía coa bula Cum praeterito do papa Paulo VI.
Episcopoloxio
[editar | editar a fonte]- Andrii Sapeliak (9 de febreiro de 1968 - 12 de decembro de 1997, retirado)[2][3]
- Mykhail Mykytsei (24 de abril de 1999 - 10 de abril de 2010, retirado)[4][5]
- Administrador apostólico: Sviatoslav Shevchuk (10 de abril de 2010 - 25 de marzo de 2011)
- Administrador apostólico: Daniel Kozelinski Netto (22 de xuño de 2011 - 8 de outubro de 2016)
- Daniel Kozelinski Netto (8 de outubro de 2016 - actualidade)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Secretariado de Estado da Santa Sé (edición) (2014). Libreria Editrice Vaticana, ed. Annuario Pontificio 2014. ISBN 9788820992934.
- ↑ 2,0 2,1 Libreria editrice vaticana (ed.). L'Attività della Santa Sede (1968). Tipografia poliglotta vaticana. p. 188.
- ↑ Libreria editrice vaticana, ed. (2009). Annuario pontificio. Tip. Poliglotta Vaticana. p. 670.
Vescovo emerito (rin. 12 dic. 1997): S.E.R. Mons. ANDRÉS Sapelak, S.D.B. [...]
- ↑ "Reseña de la vida de Mons. Mykycej, recientemente fallecido". Agencia Informativa Católica Argentina (aica.org). 24 de maio de 2017. Consultado o 20/01/2019.
- ↑ Guía eclesiástica argentina. Agencia Informativa Católica Argentina. 2000. p. 522.