Andrii Sapeliak

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Андрій Сапеляк
Andrii Sapeliak
Bispo da Igrexa Católica Bizantina Ucraína
Biografía
Nacemento 13 de decembro de 1919 en Ryszkowa Wola, Segunda República Polaca
Pasamento 6 de novembro de 2017
Ordes
Ordenación sacerdotal 29 de xuño de 1949
Consagración episcopal 15 de outubro de 1961, por Ivan Buchko
Bispo de Santa María do Patrocinio en Buenos Aires
1978 - 1997
Sucesor Mykhail Mykytsei
Outros
Stemma Andrii.jpg
Escudo de Andrii Sapeliak
Моя надія - покров Марії
Ficha en catholic-hierarchy.org

Andrii Sapeliak (en ucraíno: Андрій Сапеляк), coñecido tamén como Andrés Sapeliak durante a súa etapa na Arxentina, nado o 13 de decembro de 1919 en Ryszkowa Wola[1] (Polonia) e finado o 6 de novembro de 2017, foi un bispo católico ucraíno que exerceu de bispo da eparquía de Buenos Aires entre 1978 e 1997.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Andrii Sapeliak naceu nunha familia ucraína o 13 de decembro de 1919 en Ryszkowa Wola,[2] daquela baixo dominio da Segunda República Polaca, e pertencente á eparquía de Przemyśl.

Estudou seminario menor salesiano de Ivrea até 1941, continuou no Studentato Filosofico de Turín até 1945, e na casa de estudos salesiana de Bollengo até 1949. Finalmente licenciouse en Dereito Canónico pola Pontificia Universidade Salesiana en 1952, entón en Turín (hoxe en Roma).[2] O 29 de xuño de 1949 foi ordenado sacerdote da Sociedade de San Francisco de Sales.[1][2][3]

O 14 de agosto de 1961 foi nomeado bispo auxiliar do ordinariato para os fieis de rito oriental da Arxentina e bispo titular de Sebastopolis in Thracia, co encargo de visitador apostólico dos grecocatólicos ucraínos da Arxentina.[2][3] Recibiu a ordenación episcopal o 15 de outubro de 1961 en Roma, de mans de Ivan Buchko, sendo os co-consagradores o exarca apostólico de Francia, Volodymyr Malanchuk, e o bispo coadxutor de Belgrado Gabrijel Bukatko.[2][3][4]

O 9 de febreiro de 1968 foi nomeado exarca arquiepiscopal da Arxentina, e coa elevación da sé en 1978 tomou o título de bispo de Santa María do Patrocinio en Buenos Aires.[2]

Retirouse o 12 de decembro de 1997, e volveu a Ucraína, onde traballou como párroco en Verkhnodniprovsk. En novembro de 2013 obtivo a cidadanía ucraína. Finou o 6 de novembro de 2017.[5]

Obra[editar | editar a fonte]

  • Євангельська правда про Бога: Катехитичні розмови [Yevanhelska pravda pro Boha: Katekhytychni rozmovy]. Lviv: Свічадо [Svichado]. 1996. 
  • Отець Іван Сенишин. Український місіонер - піонер в Аргентині [Otets Ivan Senyshyn. Ukrainskyi misioner - pioner v Arhentyni]. Lviv. 1997. 
  • Київська церква на Слов’янському Сході. Канонічно-екуменічний аспект [Kyivska tserkva na Slovianskomu Skhodi. Kanonichno-ekumenichnyi aspekt]. Lviv: Галицька видавнича спілка [Halytska vydavnycha spilka]. 1999. 
  • Отець-прелат Кирило Селецький. Засновник монаших згромаджень [Otets-prelat Kyrylo Seletskyi. Zasnovnyk monashykh zhromadzhen]. Lviv: Галицька видавнича спілка [Halytska vydavnycha spilka]. 2004. 
  • Три ювілеї України з Іваном Павлом ІІ [Try yuvilei Ukrainy z Ivanom Pavlom II]. Lviv. 2013. 

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Archivum: revista de la Junta de Historia Eclesiástica Argentina. Volumes 10-11. 1968. p. 123. ISSN 0325-5506. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 Blazejowskyj, Dmytro (1990). Hierarchy of the Kyivan Church (861-1990). Roma: Editiones Universitatis Catholicae Ucrainorum S. Clementi Papae. pp. 345–346. OCLC 22834909. 
  3. 3,0 3,1 3,2 Annuario Pontificio 2007. 2007. p. 675. 
  4. Agencia Informativa Católica Argentina (ed.). "Breve biografía de obispos: SAPELAK, Andrés". Consultado o 26 de setembro de 2014. 
  5. UGCC (6 de novembro de 2017). "The eldest bishop of the UGCC reposes in the Lord" (en inglés). 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Dignidades da Igrexa católica
Predecesor:
Ningún
 Bispo de Santa María do Patrocinio en Buenos Aires 
9 de febreiro de 1968 - 12 de decembro de 1997
Sucesor:
Mykhail Mykytsei