Saltar ao contido

Arquidiocese católica latina de Buenos Aires

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaArquidiocese católica latina de Buenos Aires
Imaxe

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 34°37′S 58°22′O / -34.61, -58.37
Poboación
Poboación3.099.290 (2018) Editar o valor en Wikidata (15.118,49 hab./km²)
Lingua usadalingua castelá Editar o valor en Wikidata
RelixiónIgrexa católica Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie205 km² Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Creación5 de marzo de 1865 Editar o valor en Wikidata
CatedralCatedral metropolitana de Buenos Aires Editar o valor en Wikidata

Sitio webarzbaires.org.ar… Editar o valor en Wikidata
Twitter: arzbaires Editar o valor en Wikidata

A arquidiocese de Buenos Aires (en latín: Archidiœcesis bonaerensis) é unha sé metropolitana da Igrexa Católica Latina. En 2012 tiña 2 671 000 bautizados sobre unha poboación total de 2 917 000 habitantes. O seu ordinario, dende 2013, é Mario Aurelio Poli.

Territorio

[editar | editar a fonte]

A arquidiocese abrangue a illa Martín García e a cidade de Buenos Aires, onde está a catedral da Santísima Trindade.

O territorio ten unha extensión de 203 km² e está subdividido en 186 parroquias, agrupadas en 20 vigairías.

A diocese de Buenos Aires foi erixida o 6 de abril de 1620, en territorios da diocese de Paraguai. Orixinariamente era sufragánea da arquidiocese de La Plata.

En 1830 cedeu parte do seu territorio para erixir a vigairía apostólica de Montevideo. Cedeu territorio novamente o 13 de xuño de 1859 para erixir a diocese de Paraná.

O 5 de marzo de 1865 foi elevada ao rango de arquidiocese metropolitana coa bula Immutabili do papa Pío IX.

O 15 de febreiro de 1897 cedeu parte do seu territorio para erixir a diocese de La Plata. Cedeu territorio novamente o 20 de abril de 1934 para erixir a diocese de Viedma.

O 29 de xaneiro de 1936 Pío XI recoñeceu á arquidiocese de Buenos Aires como sé primada da Arxentina.

O 13 de marzo de 2013 o cardeal Jorge Mario Bergoglio foi elixido papa, co nome de "Francisco".

Episcopoloxio

[editar | editar a fonte]
Bispos de Buenos Aires
Arcebispos metropolitanos de Buenos Aires