Saltar ao contido

Enrique Martín Navarro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Quique
Información persoal
Nome Enrique Martín Navarro
Nacemento 3 de xuño de 1924
Lugar de nacemento Valladolid
Falecemento 12 de abril de 2016
Lugar de falecemento Valencia
Altura 1,85 m.
Posición gardameta
Carreira xuvenil
Salesianos de Valencia
SEU de Castelló
1941–1943 Castellón
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1943 Castellón 3 (0)
1943–1950 Barcelona 20 (0)
1950–1957 Valencia 92 (0)
1957–1958 Levante 7 (0)
1958–1959 Alcoyano 2 (0)
Adestrador
1958–1959 Alcoyano
1959–1960 Atlético Saguntino
1960–1961 Onda
1961–1962 Dénia
1962 Torrent
1962–1964 Levante
1964–1965 Oviedo
1965 Levante
1965–1967 Constància
1967 UE Lleida
1968–1969 Paiporta
1969–1970 Alzira
1971–1973 Pedreguer
1981–1982 L'Eliana
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Enrique Martín Navarro, coñecido como Quique, nado en Valladolid o 3 de xuño de 1924 e finado en Valencia o 12 de abril de 2016,[1] foi un futbolista español.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Nado en Valladolid, seu pai era Garda Civil e desapareceu nunha revolta en Sevilla, non volvendo saber nada máis del. Súa nai, catalá, tiña familia en Castelló, cidade á que foron vivir.[2]

Comezou a xogar ao fútbol no colexio onde estivo internado, os Salesianos de Valencia, para despois pasar ao Sindicato Español Universitario (SEU) de Castelló.[2] Despois da guerra civil, con 15 anos, ingresou no Villarreal CF, e aos 17 fichou polo CD Castellón. Inicialmente xogaba como centrocampista, pero durante a tempada 1942/43 foi convocado polo primeiro equipo para xogar como porteiro, xa que os seus dous porteiros titulares estaban lesionados, posto no que continuou o resto da súa carreira.[2] En xullo de 1943 trasladouse ao Barcelona para fichar polo Espanyol, pero non chegou a un acordo e finalmente foi fichado polo FC Barcelona. Defendeu a camiseta do Barcelona durante sete tempadas, nas que foi case sempre suplente de homes como Velasco ou Ramallets. Gañou tres ligas e unha Copa Latina, sendo a tempada 1944/45 na que máis partidos disputou, un total de 13. En 1950 marchou ao Valencia CF, onde tomou o relevo de Ignacio Eizaguirre. Defendeu a portería valenciana ata a tempada 1956/57, gañando unha Copa do Xeneralísimo en 1954, con Quincoces como adestrador.[3] Rematou a súa carreira xogando co Levante na Segunda División.[2]

Unha vez retirado traballou como adestrador, dirixindo principalmente clubs valencianos . Comezou dirixindo o Alcoyano onde aínda disputou dous partidos como futbolista na tempada 1958/59. Despois adestrou ao Levante UE e ao Real Oviedo en Primeira División,[4] e ao CE Constància e UE Lleida en Segunda, entre outros equipos.[2]

Palmarés

[editar | editar a fonte]
  1. "Falleció Quique, el portero que se subió al larguero en la final de 1954". Mundo Deportivo (en castelán). 12 de abril de 2016. Consultado o 4 de marzo de 2022. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 Salinas, David (10 de xuño de 2014). "Quique: guardameta por necesidad". Sport (en castelán). Consultado o 4 de marzo de 2022. 
  3. "Ficha de Quique Martín". ciberche.net (en castelán). Consultado o 4 de marzo de 2022. 
  4. "Los equipos ante la liga". Mundo Deportivo (en castelán). 15 de setembro de 1963. p. 6. Consultado o 4 de marzo de 2022. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]