Emperador Meiji

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Emperador Meiji
Black and white photo of emperor Meiji of Japan.jpg
Nacemento3 de novembro de 1852
 Quioto
Falecemento30 de xullo de 1912
 Toquio
CausaDiabetes mellitus
SoterradoToquio
NacionalidadeShogunato Tokugawa, Imperio do Xapón e Xapón
Ocupaciónletrista
PaiImperador Komei
NaiNakayama Yoshiko
CónxuxeImperatriz Shōken, Sono Sachiko, Yanagihara Naruko e Hashimoto Natsuko
FillosWakamitsuteru-hiko no Mikoto, Takenomiya Yukihito-shinnō, Imperador Taishō, Akinomiya Michihito-shinnō, Masako Takeda, Princess Fusako Kitashirakawa, Princess Nobuko Asaka, Mitsunomiya Teruhito-shinnō, Toshiko Higashikuni, Yohime Mikoto e Hisanomiya Shizuko-naishinnō
PremiosCabaleiro da Orde do Vélaro de Ouro, Orde da Aguia Negra, Order of the Rising Sun, 1st class, Ordem de Santo André, Grand Cordon of the Supreme Order of the Chrysanthemum, Supreme Order of the Chrysanthemum with collar e knight grand cross of the order of the crown of italy
Meiji shomei.png
editar datos en Wikidata ]
Retrato de Mutsuhito (1888)

Mutsuhito coñecido polo seu nome póstumo como Meiji Tennō (明治天皇?), nado en Quioto o 3 de novembro de 1852 e finado en Toquio o 30 de xullo de 1912, foi o emperador do Xapón número 122º, segundo a orde tradicional de sucesión imperial xaponesa, reinando dende o 3 de febreiro de 1867 ata a súa morte.

Dende a súa morte, estableceuse a tradición de dar o nome da era conxuntamente co seu reinado. Como gobernou no período Meiji, é coñecido como emperador Meiji.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi fillo de Kōmei Tennō e da consorte Nakayama Yoshiko.[1] Cando naceu a finais de 1852, o Xapón era un país illado, preindustrial e feudal, dominado polo shogunato Tokugawa e os daimyō, que controlaban os máis de 250 dominios descentralizados do país. Cando faleceu en 1912, o país experimentara unha revolución política, industrial e social que trouxo como resultado a transformación do Xapón nunha potencia mundial.

Meiji Tennō foi o líder simbólico da restauración Meiji onde o shogunato Tokugawa foi abolido por forzas imperiais nunha breve convulsión interna coñecida como a guerra Boshin.[2] Tras isto, o emperador Meiji proclamou a conversión do Xapón a un goberno democrático de corte occidental. Non obstante, o parlamento xaponés carecía de poderes reais e tampouco os tiña o emperardor, xa que o poder pasou entón de mans dos Tokugawa a unha nova nobreza genrō formada polos daimyō e os samurais que axudaran á restauración. Esta nova oligarquía situou os seus homes nas esferas políticas e militares do novo goberno.

A restauración e a modernización consecuente converteron o Xapón nunha potencia industrial, situándoa por riba doutros estados do Pacífico. Aínda que a función do emperador na restauración é discutida, a súa influencia puido ser importante nas guerras en que o Xapón se viu involucrado a comezos do século XX. Entre as medidas que tomou destácanse ademais o traslado da capital de Quioto a Toquio,[3] a implantación dun novo sistema de estudos (1872), a institución do senado (genroin, 1875), a inauguración da Asemblea Nacional (1890) e a anexión de Corea (1910). O emperador Meiji tivo unha gran lonxevidade no trono manténdose no poder máis de 40 anos.

Na cultura popular[editar | editar a fonte]

O emperor Meiji foi interpretado por Toshirō Mifune no filme xaponés The Battle of Port Arthur (coñecido tamén como 203 Kochi), de 1980.[4] Dirixido por Toshio Masuda, o filme mostra o sitio de Port Arthur durante a guerra ruso-xaponesa.

O emperador aparece no filme de 2003 O último samurai, interpretado por Nakamura Shichinosuke II. No filme, o emperador amósase como feble, fácil de manipular, sen ter que afrontar o risco dun golpe de estado. A súa determinación só aparece ao final, cando rompe o tratado cos estadounidenses tras consolidar o seu poder logo da batalla.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Keene 2002, p. 10.
  2. Gordon 2009, p. 59.
  3. Gordon 2009, p. 68.
  4. The Battle of Port Arthur (203 Koshi) en Internet Movie Database

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Predecesor:
Osahito
Imperial Seal of Japan.svg
Emperador do Xapón
Mutsuhito

3 de febreiro de 1867 - 30 de xullo de 1912
Sucesor:
Yoshihito