Saltar ao contido

O último samurai

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O último samurai
Hans Zimmer Editar o valor en Wikidata
Logotipo
 Instancia de
 Título
The Last Samurai (en)
L'últim samurai (ca) Editar o valor en Wikidata
 Tema principal
 Lingua orixinal
 Cor
 Ambientado en
Obras e produtos
 Formato de distribución
Implicados
 Distribuidor/a
 Interpretado por
 Director/a
 Compositor/a
 Director/a fotografía
 Editor/a de cine
 Deseñador/a vestiario
Organizacións
 Compañía produtora
 Distribuidor/a
Economía e industria
Custo140000000 A$ Editar o valor en Wikidata
Recadación456758981 $ Editar o valor en Wikidata
Datas
 Data de publicación
16 de novembro de 2007 (España)
8 de xaneiro de 2004 (Alemaña)
22 de novembro de 2003 Editar o valor en Wikidata
Dimensións
Duración154 min Editar o valor en Wikidata
Localización
 Lugar de rodaxe
 País de orixe
Recoñecemento
 Premios
 Nomeamentos
Óscar ó mellor actor secundario (27 de xaneiro de 2004)
Óscar ó mellor deseño de produción (27 de xaneiro de 2004)
Óscar ó mellor deseño de vestiario (27 de xaneiro de 2004)
Óscar ó mellor son (27 de xaneiro de 2004) Editar o valor en Wikidata
 Puntuación da crítica
65% Rotten Tomatoes (16 de xaneiro de 2026)
55/100 Metacritic (16 de xaneiro de 2026)
6.4/10 Rotten Tomatoes (5 de outubro de 2021) Editar o valor en Wikidata
Identificadores
VIAF316752143 Editar o valor en Wikidata
ISAN0000-0001-28BE-0000-X-0000-0000-C Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/01h7bb Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
IMDB: tt0325710 Filmaffinity: 990754 Allocine: 46943 Rottentomatoes: m/last_samurai Mojo: lastsamurai Allmovie: v284009 TCM: 453987 Metacritic: movie/the-last-samurai TV.com: movies/the-last-samurai
Allmusic: mw0000328630 Netlix: 60031274 Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

O último samurai (en inglés: The Last Samurai) é un filme americano dirixido e co-producido por Edward Zwick, quen tamén co-escribiu o guión baseado na historia de John Logan. Está protagonizado por Tom Cruise (tamén é produtor) no papel do soldado americano Nathan Algren, cuxos conflitos persoais e emocionais o porán en contacto cos guerreiros samurai durante a Restauración Meiji do Xapón entre 1876 e 1877. Tamén interveñen no filme os actores Ken Watanabe, Shin Koyamada, Tony Goldwyn, Hiroyuki Sanada, Timothy Spall, e Billy Connolly. O argumento do filme está inspirado na Rebelión Satsuma de 1877 levada a cabo por Saigō Takamori, nas historias de Jules Brunet, un capitán da armada francesa que loitou a carón de Takeaki Enomoto na anterior Guerra Boshin e en Frederick Townsend Ward, un mercenario estadounidense que axudou a occidentalizar o exército chinés mediante a formación da Ever Victorious Army.

Estreouse en galego na TVG o 30 de xaneiro de 2008.[1]

1870. O capitán Nathan Algren é un home sen obxectivos. As batallas que librou noutro tempo parecen agora distantes e inútiles. Arriscou a súa vida na Guerra Civil Estadounidense e nas campañas contra os indios, pero, dende entón, o mundo cambiou radicalmente: o pragmatismo substituíu o valor, o interese persoal ocupou o lugar do sacrificio, e o honor é unha palabra doutro tempo. Nun país afastado, outro soldado ve como o seu modo de vida está a piques de desintegrarse. É Katsumoto, o último líder dunha antiga caste de guerreiros, os venerados samurais, que adicaron as súas vidas a servir ó emperador e ó seu país.

Personaxes

[editar | editar a fonte]
  • Tom Cruise como o capitán Nathan Algren, un soldado americano veterano da Guerra Civil Estadounidense e das Guerras Indias.
  • Ken Watanabe como o líder samurai Moritsugu Katsumoto
  • Shin Koyamada como Nobutada, o fillo de Katsumoto que é o señor da pequena vila onde os samurai están acampados e onde teñen retido a Algren. Katsumoto, o líder samurai, encoméndalle a Nobutada ensinarlle a Algren a cultura e a lingua xaponesa. El é asasinado durante o rescate de Katsumoto.
  • Tony Goldwyn como Tenente Coronel Bagley, Capt. Oficial ó mando de Algren no rexemento do 7th Cavalry.
  • Masato Harada como Omura, un empresario e político proreformista que rexeita a antiga orde samurai e o shogun.
  • Nakamura Shichinosuke II como Emperador Meiji.
  • Hiroyuki Sanada como Ujio, un dos máis adicados, leais e feros samurai de Katsumoto. El ensina a Algren a arte samurai da loita con catana.
  • Timothy Spall como Simon Graham, o tradutor entre o Capitán Algren e os seus soldados xaponeses.
  • Seizo Fukumoto como Samurai silencioso, un home vello asignado para seguir a Algren (quen máis tarde ao alcumaría samurai "Bob").
  • Koyuki como Taka, irmá de Katsumoto e esposa do samurai Hirotaro, ó cal matou Nathan.
  • Billy Connolly como Sarxento Zebulon Gant, un ex-soldado leal a Algren
  • Shun Sugata como Nakao, un alto samurai coñecedor do jujutsu e a naginata, que toma parte no rescate de Katsumoto.
  • Satoshi Nikaido como o N.C.O., un dos primeiros soldados adestrados por Algren.

Galardóns e nomeamentos

[editar | editar a fonte]
  • 2003: 4 nomeamentos ó Oscar, incluíndo mellor actor secundario, vestiario, son.
  • 2003: 3 nomeamentos ó Globo de Ouro: Mellor actor secundario, actor de drama, bso.
  • 2003: National Board of Review: Mellor director (Edward Zwick).
  1. "O último samurai na TVG". Diario Siglo XXI. 29 de xaneiro de 2008. Arquivado dende o orixinal o 29 de xuño de 2013. Consultado o 7 de marzo de 2013. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]