Emma Couceiro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Emma Couceiro
Nacemento1977
 Cospeito
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade da Coruña
Ocupaciónpoeta e escritora
editar datos en Wikidata ]

Emma Couceiro, nada en Cospeito (Terra Chá) en 1977, é unha poeta en lingua galega.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciada en Filoloxía Hispánica pola Universidade da Coruña, ten publicado varios libros e colaborado como poeta en revistas como A Xanela, Dorna, Xistral ou Zurgai, así como en varios volumes colectivos.

Viviu en Laracha, Arteixo, Mondoi, Oza dos Ríos (de onde procede toda a súa familia materna e parte da paterna) e A Coruña.

A súa poética caracterízase por unha continua indagación no eu lírico, moitas veces artellada desde a técnica do desdobramento (As entrañas horas), polo uso de símbolos e repeticións (Humidosas), o emprego dunha sintaxe rota e a ambientación íntima que remite moitas veces ao territorio do fogar (marcado en feminino) e ao marco da infancia.

Obra[editar | editar a fonte]

Poesía[editar | editar a fonte]

Obras colectivas[editar | editar a fonte]

  • Mulher a fazer vento, Edições Tema, 1997.
  • Palabras no ar.
  • Novas voces da poesía galega. Recital.
  • Río de son e vento, Xerais, 1999.
  • Novas voces da poesía galega: recital, Consello da Cultura Galega, 2000.
  • dEfecto 2000. Antoloxía de poetas dos 90, Letras de Cal, 1999.
  • Manuel María, Ophiusa, 2001.
  • Mujeres de carne y verso, Madrid, 2001. Edición bilingüe galego-castelán.
  • A tribo das baleas, Xerais, 2001.
  • 25 anos de poesía galega III, A Coruña, 2002.
  • Alma de beiramar, Asociación de Escritores en Lingua Galega, 2003.
  • Carlos Casares. A semente aquecida da palabra, Consello da Cultura Galega, 2003.
  • Negra sombra. Intervención poética contra a marea negra, Espiral Maior, 2003.
  • Das sonorosas cordas, Eneida, 2005.
  • Cartafol poético para Alexandre Bóveda, Espiral Maior, 2006.
  • O desafío das ondas, Autoridade Portuaria da Coruña, 2006.
  • Poética da casa, Xunta de Galicia, 2006.
  • Polifonías: voces poéticas contra a violencia de xénero, Espiral Maior/Xunta de Galicia, 2006.

Premios[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]