Gabriel Aragón
Gabriel Aragón | |||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|
Nome completo | Gabriel Aragón Bermúdez | ||||||
Alcume/outros | Gaby Homobono | ||||||
Nacemento | 3 de xullo de 1920[1] | ||||||
Lugar | Madrid, España ![]() | ||||||
Falecemento | 10 de xaneiro de 1995 (74 anos) | ||||||
Lugar | Madrid, España ![]() | ||||||
Causa | doenza cardiovascular | ||||||
Nacionalidade | España | ||||||
Pai | Emilio Aragón Foureaux | ||||||
Nai | Rocío Bermúdez Contreras | ||||||
Cónxuxe(s) | Virgen Jiménez | ||||||
Fillos | Maribel, Mari Carmen, Juana María, Hilda, Gabriel, Gonzalo, Lara, Rodrigo e Alonso | ||||||
Profesión | Pallaso | ||||||
| |||||||
Na rede | |||||||
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |||||||
[ editar datos en Wikidata ] | |||||||
Gabriel Aragón Bermúdez, máis coñecido como Gaby, nado en Madrid o 3 de xullo de 1920 e finado na mesma cidade o 10 de xaneiro de 1995, foi un pallaso e saxofonista español, membro do trío Gaby, Fofó e Miliki.[2]
Biografía[editar | editar a fonte]
Fillo do pallaso Emilio Aragón Foureaux, pertencía a unha familia de longa tradición no mundo do circo. Era sobriño do dúo de pallasos Pompoff e Thedy. Con eses antecedentes, el mesmo, xunto ao seu irmán Alfonso Fofó, aos que pronto se uniría o terceiro irmán Emilio Miliki, comezou a súa carreira artística cando aínda era un adolescente durante a Guerra civil española, actuando en lugares como o London Bar de Barcelona ou o Café Victoria de Madrid.
En 1946 emigrou a América cos seus irmáns, e alí triunfou na televisión, primeiro en Cuba e a partir de 1970 na Arxentina.
En 1972 os tres irmáns regresan a España e en 1973 estréase o seu programa en Televisión Española El Gran Circo de TVE, que se mantén en pantalla ata 1983 conseguindo un enorme éxito.
Logo da retirada do programa, Miliki saíu do grupo e Gabriel Aragón continuou actuando cos seus sobriños Fofito e Rody ata 1985. Máis adiante formou con seis dos seus dez fillos o Grupo de pallasos Os Gabytos, cos que seguiu traballando entre 1987 e 1993, a menos dun ano do seu falecemento.
Carácter do personaxe[editar | editar a fonte]
No trío de pallasos, Gaby representaba o personaxe do Clown, fronte aos seus irmáns Fofó e Miliki, augusto e contraugusto respectivamente. Asumía pois o papel do "listo" do grupo, que con todo sempre terminaba escaldado coas bromas dos seus compañeiros. Vestido sempre con impecable levita negra, o seu personaxe, intérprete de saxofón, adoptaba un aire serio e pretendía adoptar o rol de líder do grupo, sempre con catastróficos resultados.
Premios[editar | editar a fonte]
Gabriel Aragón recibiu, xunto aos seus irmáns, o Premio TP de Ouro de 1974 ao Personaxe máis popular da televisión e en 1995, a título póstumo, o TP de Ouro pola súa traxectoria artística.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Pervive". Arquivado dende o orixinal o 02 de abril de 2010. Consultado o 24 de xaneiro de 2013.
- ↑ Antonio Tausiet. "Los payasos de la tele. Orígenes". Consultado o 10-03-2012.