Elisardo de la Torre

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaElisardo de la Torre
Biografía
Nacemento10 de outubro de 1971 Editar o valor em Wikidata (52 anos)
Marín, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónatleta Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Deporteatletismo Editar o valor em Wikidata
Participou en
1996Xogos Olímpicos de 1996 Editar o valor em Wikidata
Familia
IrmánsCarlos de la Torre Allariz Editar o valor em Wikidata

IAAF: 14164841 Editar o valor em Wikidata

Elisardo de la Torre Allariz, nado en Marín o 10 de outubro de 1971, é un exatleta galego. Foi campión de España dos 3000 metros obstáculos en 1996, cinco veces campión galego e competiu nesa mesma proba nos Xogos Olímpicos de 1996, nos que tamén competiu o seu irmán Carlos.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu en Marín, nunha familia de atletas, pois tres dos catro irmáns practicaron o atletismo: Carlos, Elisardo e Daniel.[1] Iniciouse neste deporte con Carlos Landín como adestrador, e militou nos clubs San Miguel de Oia, Sociedad Gimnástica de Pontevedra e Universidad de Oviedo.[2] En 1992 gañou o primeiro dos seus cinco campionatos galegos dos 3000 metros obstáculos, e revalidou o título nos anos 1993, 1994, 1995 e 1998.[3]

En 1994 quedou terceiro no Campionato de España e participou no Campionato de Europa en Helsinqui, onde non puido meterse na final.[2] O seu mellor ano deportivo foi 1996, cando se proclamou campión de España en Málaga despois de remontar contra Juan Ramón Moya na final, e logrou a clasificación para os Xogos Olímpicos de Atlanta.[2][4] Na cita olímpica participou tamén o seu irmán Carlos, nos 10 000 metros, converténdose así na segunda parella de irmáns galegos en participar nuns Xogos Olímpicos, despois de que en Barcelona 1992 o fixesen os xemelgos Leopoldo e Jesús Centeno.[5] Correu a súa serie nun tempo de 8'42"75, moito máis lento que as súas mellores marcas, entrando na meta no noveno lugar, polo que quedou eliminado e non puido avanzar nin ás semifinais. O ouro acabou sendo para o kenyata Joseph Keter.[6]

Destacou especialmente nos Campionatos de España Universitarios, onde se coroou campión ata en oito ocasións (1993, 1994, 1995, 1996, 1997, 1999, 2000 e 2001). Participou na Universíada de 1995 e bateu o récord de España universitario en 1996, cun tempo de 8'29"97.[7] Instalado en Oviedo, estudou Fisioterapia na Universidade de Oviedo, e trala súa retirada montou unha clínica na cidade. Ademais traballou como fisioterapeuta en varios clubs cantábricos como o Langreo, o Caudal, o Lealtad ou o Racing de Santander.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Navaza, Emilio (16 de novembro de 2017). "Carlos de la Torre". Vida Atlética de Galicia (en castelán). Consultado o 23 de setembro de 2021. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 Navaza, Emilio (13 de febreiro de 2020). "Elisardo de la Torre". vidaatleticadegalicia.org. Consultado o 23 de setembro de 2021. 
  3. "Campións de Galicia de Atletismo" (PDF). atletismo.gal. Consultado o 23 de setembro de 2021. 
  4. "Campionatos de España de atletismo" (PDF). Real Federación Española de Atletismo (en castelán). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 17 de outubro de 2021. Consultado o 23 de setembro de 2021. 
  5. "Sangre olímpica". La Voz de Galicia (en castelán). 2 de agosto de 2021. Consultado o 23 de setembro de 2021. 
  6. "3000 metros obstáculos nos Xogos Olímpicos de 1996". sports-reference.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 17 de abril de 2020. Consultado o 23 de setembro de 2021. 
  7. "Campionatos de España Universitarios" (PDF). Real Federación Española de Atletismo (en castelán). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 04 de agosto de 2016. Consultado o 22 de setembro de 2021. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]