Saltar ao contido

Jesús Centeno

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJesús Centeno
Biografía
Nacemento27 de abril de 1967 Editar o valor en Wikidata (59 anos)
Lugo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpentatleta, pentatleta Editar o valor en Wikidata
Deportepéntatlon moderno Editar o valor en Wikidata
Participou en
1992Xogos Olímpicos de 1992 Editar o valor en Wikidata
Familia
IrmánsLeopoldo Centeno Editar o valor en Wikidata

Jesús Centeno Moyer, nado en Lugo o 27 de abril de 1967, é un ex-deportista galego, que competía en péntatlon moderno. Disputou os Xogos Olímpicos de 1992 en Barcelona.

É fillo do tamén deportista Leopoldo Centeno, irmán xemelgo de Leopoldo Centeno Moyer, tamén pentatleta olímpico, e irmán máis vello de Rafael Centeno, pentatleta e cociñeiro.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Seu pai Leopoldo practicara varios deportes, entre eles o baloncesto, chegando a militar no Breogán, a hípica ou o péntatlon moderno. Jesús comezou na hípica, pasando logo ao péntatlon, deporte que comezou a practicar en Toledo e no que empezou a destacar xunto ao seu irmán xemelgo Leopoldo e ao irmań menor, Rafael.[1][2]

En 1985 entrou con Leopoldo na Residencia Blume de Barcelona e en 1988 acudiu aos Xogos Olímpicos de Seúl, como suplente de seu irmán e dos tamén irmáns Eduardo e Jorge Quesada.[3] Nos Xogos Olímpicos de 1992 formou no equpo titular, xunto ao seu irmán xemelgo e Carles Lerín, acabando na 12ª posición. Na proba individual foi 27º.

  1. ↑ Barreira, Borja (28 de novembro de 2011). "La dinastía de los Centeno" (en castelán). Consultado o 13 de agosto de 2021.
  2. ↑ "Dos iguales en la senda de las medallas". La Voz de Galicia (en castelán). 22 de xuño de 1992.
  3. ↑ "Pentathlon moderno: cuatro hombres y sólo dos apellidos" (PDF). Mundo Deportivo (en castelán). 17 de setembro de 1988. p. 47. Consultado o 13 de agosto de 2021.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]