Leopoldo Centeno

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaLeopoldo Centeno
Biografía
Nacemento27 de abril de 1967 Editar o valor em Wikidata (56 anos)
Lugo, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpentatleta , pentatleta (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Deporteatletismo Editar o valor em Wikidata
Participou en
1992Xogos Olímpicos de 1992
1988Xogos Olímpicos de 1988 Editar o valor em Wikidata
Familia
IrmánsJesús Centeno Editar o valor em Wikidata

Leopoldo Centeno Moyer, nado en Lugo o 27 de abril de 1967, é un ex-deportista galego, especialista en péntatlon moderno. Competiu en dous Xogos Olímpicos (Seúl 1988 e Barcelona 1992).

É fillo do tamén deportista Leopoldo Centeno, irmán xemelgo de Jesús Centeno, tamén pentatleta olímpico, e irmán máis vello de Rafael Centeno, pentatleta e cociñeiro.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Seu pai Leopoldo practicara varios deportes, entre eles o baloncesto, chegando a militar no Breogán, a hípica ou o péntatlon moderno. Leopoldo fillo comezou na hípica, pasando logo ao péntatlon, deporte que comezou a practicar en Toledo e no que empezou a destacar xunto ao seu irmán xemelgo Jesús e ao irmań menor, Rafael.[1][2]

En 1985 entrou con Jesús na Residencia Blume de Barcelona e en 1988 disputou os seus primeiros Xogos Olímpicos en Seúl, participando tanto na proba individual como na de equipos, nesta última xunto aos irmáns Eduardo e Jorge Quesada, e con Jesús como suplente.[3] Na competición individual acabou na 38ª posición, mentres que na de equipos acabou inicialmente noveno, pero despois o equipo español foi descualificado polo positivo por dopaxe de Jorge Quesada.[4]

Nos Xogos Olímpicos de 1992 participou formando equipo co seu irmán xemelgo e con Carles Lerín, acabando na 12ª posición. Na proba individual foi 37º, un resultado decepcionante, pois nese momento era o sexto no ránking mundial.[5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Barreira, Borja (28 de novembro de 2011). "La dinastía de los Centeno" (en castelán). Consultado o 13 de agosto de 2021. 
  2. "Dos iguales en la senda de las medallas". La Voz de Galicia (en castelán). 22 de xuño de 1992. 
  3. "Pentathlon moderno: cuatro hombres y sólo dos apellidos" (PDF). Mundo Deportivo (en castelán). 17 de setembro de 1988. p. 47. Consultado o 13 de agosto de 2021. 
  4. "El “doping” salpica a España". Mundo Deportivo (en castelán). 25 de setembro de 1988. p. 42. Consultado o 13 de agosto de 2021. 
  5. Castro, Jorge (16 de marzo de 2020). "De la ilusión del joven al adulto" (en castelán). Consultado o 13 de agosto de 2021. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]