Convención Constitucional (Chile)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Logo da Convención Constitucional.

A Convención Constitucional[a] é o corpo constituínte da República de Chile a cargo de redactar unha nova Constitución Política da República após a aprobación do plebiscito nacional en outubro de 2020, e cuxa proposta será aprobada ou rexeitada mediante un referendo en 2022.[6] A súa creación e regulación foron efectuados a través da Lei N.º 21 200, publicada o 24 de decembro de 2019, que reformou a Constitución Política da República para incluír o proceso de redacción dunha nova constitución.[7] Comezou o seu funcionamento o 4 de xullo de 2021 e estímase que opere por nove meses cunha única prórroga de tres meses se así o solicita o organismo.[8]

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

Segundo o senador Jaime Quintana (PPD), o termo «Convención Constitucional» foi cuñado durante a redacción do «Acordo pola paz social e a Nova Constitución» o 14 de novembro de 2019; devandita tarde recibiu unha comunicación de Mario Desbordes, daquela presidente de Renovación Nacional, no que solicitou que o órgano redactor da nova Constitución Política non recibise o nome de «asemblea constituínte» para facilitar a aprobación do acordo por parte dos partidos políticos de dereita.[9]

De acordo a varios académicos, como por exemplo Claudia Heiss e Francisco Soto, o concepto de «Convención Constitucional» sería equivalente ao concepto de «asemblea constituínte», en canto ao seu funcionamento e composición serían os mesmos, e ambos corresponden a órganos colexiados que redactan unha Constitución.[10] O avogado Leonel Sánchez sinala que a definición de ámbolos dous conceptos é semellante, tomando como base estudos do Programa das Nacións Unidas para o Desenvolvemento (PNUD) e casos doutros países con órganos constituíntes análogos.[11] Mario Herrera, académico da Universidade de Talca, sinala que non existen diferenzas entre a Convención Constitucional e unha Asemblea Constituínte, xa que en ambas os seus integrantes son elixidos por votación popular e o seu único fin é redactar unha nova Constitución Política.[12]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Chamada nas linguas dos pobos orixinarios chilenos, recoñecidos pola lei 19 253,[1] como as seguintes formas: en aimará, Machaxa Constitucionataki Amthapiwi;[2] en mapuche, Anültu Az Mapu;[3] en quechua, Convención Constitucional Nisqa[4] e en rapanui, Nūna’a Āŋa ‘i te Puka Matu’a ‘o te Hau Tire.[5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Ministerio de Planificación y Cooperación (5 de outubro de 1993). "Ley 19253, ESTABLECE NORMAS SOBRE PROTECCION, FOMENTO Y DESARROLLO DE LOS INDIGENAS, Y CREA LA CORPORACION NACIONAL DE DESARROLLO INDIGENA". Consultado o 16 de agosto de 2021. Artigo 28. O recoñecemento, respecto e protección das culturas e linguas indíxenas comprenderá: a) O uso e conservación das linguas indíxenas, xunto co castelán nas zonas de alta densidade indíxena; b) O estabelecemento no sistema educativo nacional dunha unidade programática que permita ao alumnado acceder a un coñecemento adecuado das culturas e linguas autóctonas e que lles permita valoralas positivamente. 
  2. Convención Constitucional (xuño de 2021). "Guía del Convencional" (PDF) (en aimará). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 16 de xullo de 2021. Consultado o 22 de xullo de 2021. 
  3. Convención Constitucional (xuño de 2021). "Guía del Convencional" (PDF) (en mapuche). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 16 de xullo de 2021. Consultado o 22 de xullo de 2021. 
  4. Convención Constitucional (xuño de 2021). "Guía del Convencional" (PDF) (en quechua). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 16 de xullo de 2021. Consultado o 22 de xullo de 2021. 
  5. Convención Constitucional (xuño de 2021). "Guía del Convencional" (PDF) (en rapanui). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 16 de xullo de 2021. Consultado o 22 de xullo de 2021. 
  6. LeyChile (ed.). "Constitución Política de la República de Chile". Consultado o 13 de outubro de 2020. 
  7. Cooperativa, ed. (24 de decembro de 2019). "Diario Oficial publicó reforma a la Constitución que da inicio al proceso constituyente". Consultado o 26 de outubro de 2020. 
  8. La Tercera (20 de xuño de 2021). "Presidente Piñera convoca para el 4 de julio la primera sesión de la Convención Constitucional: Fecha coincidirá con los 210 años de la instalación del Primer Congreso Nacional". Consultado o 20 de xuño de 2021. 
  9. Caro, Isabel (27 de setembro de 2020). "Jaime Quintana: El acuerdo, capítulo 3". La Tercera. Consultado o 13 de outubro de 2020. 
  10. "Plebiscito: Qué es la convención constitucional y cuáles son sus diferencias con la convención mixta". T13. 13 de outubro de 2020. Consultado o 13 de outubro de 2020. 
  11. Sánchez Jorquera, Leonel (28 de setembro de 2020). "La Convención Constitucional es una Asamblea Constituyente". Cooperativa.cl. Consultado o 13 de outubro de 2020. 
  12. "¿Qué diferencias hay entre una convención mixta constitucional, una convención constitucional y una asamblea constituyente?". 24horas.cl. 26 de agosto de 2020. Consultado o 13 de outubro de 2020. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]