Eleccións municipais en Porto do Son

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Corporacións democráticas en Porto do Son desde a aprobación da Constitución de 1978.

Eleccións municipais: Porto do Son — Resultados de 1979 a 2019
Eleccións PPdeG BNG PSdeG-PSOE AP IXPDOS AVS CDS PDP-PL-CG CP UCD AMDG PortodoS Alcalde *
1979 3 2 6 6 Antonio González Groveiro (AMDG)
1983 13 4 Antonio González Groveiro (PSdeG)
1987 1 10 1 4 1 Antonio González Groveiro (PSdeG)
1991 5 2 10 Antonio González Groveiro (PSdeG)
1995 6 4 5 2 Ramón Quintáns Vila (PSdeG)
1999 8 2 7 Ramón Quintáns Vila (PSdeG)
2003 6 2 8 1 Ramón Quintáns Vila (PSdeG-PSOE)
2007 6 4 5 1 1 Manuel Tomé Piñeiro (PPdeG)
2011 5 3 3 2 Luis Oujo Pouso (PPdeG)
2015 7 2 2 2 Luis Oujo Pouso (PPdeG)
2019 7 3 3
* No campo alcalde só se recolle o elixido en primeiro lugar nesa corporación.

1979[editar | editar a fonte]

Para os comicios do 3 de abril de 1979 presentáronse 5 candidaturas, para a elección de 17 concelleiros.

Cun censo electoral de 8.057 persoas, houbo un total de 4.660 votantes (57,84%) e unha abstención de 3.397 persoas (42,16%). Un total de 61 votos foron nulos (1,31%) e ningún foi en branco (0%).[1]

Co 100% excrutado, a Unión de Centro Democrático (UCD) foi a forza máis votada, obtendo 1.527 votos (33,27%) e correspondéndolle 6 concelleiros no pleno. A segunda forza foi Agrupación Municipal Democrática Galega (AMDG) con 1.514 votos (32,92%), co que lle corresponderon outros 6 concelleiros. A terceira forza foi o Bloque Nacional Popular Galego (BNPG), con 805 votos (17,5%) e 3 concelleiros. O cuarto foi o Partido Socialista Obrero Español (PSOE), con 659 votos (14,33%) e 2 concelleiros. Por último, o Partido del Trabajo de Galicia (PTG) obtivo 94 votos (2,04%) e ningún concelleiro.

Partido N.º votos % votos N.º edís
UCD 1.527 33,27% 6
AMDG 1.514 32,92% 6
BNPG 805 17,5% 3
PSOE 659 14,33% 2
PTG 94 2,02% 0

Foi elixido alcalde Antonio González Groveiro, de AMDG. En maio de 1981 abandonou esta formación, e en marzo de 1982 pasou a militar no PSdeG-PSOE.

1983[editar | editar a fonte]

Para os comicios do 8 de maio de 1983 presentáronse 2 candidaturas, para a elección de 17 concelleiros.

Cun censo electoral de 8.169 persoas, houbo un total de 5.203 votantes (63,69%) e unha abstención de 2.966 persoas (36,31%). Non houbo votos nulos nin votos en branco.[2]

Co 100% excrutado, o Partido dos Socialistas de Galicia–PSOE (PSdeG–PSOE) foi a forza máis votada, obtendo 4.003 votos (76,94%) e correspondéndolle 13 concelleiros. A segunda forza foi a coalición de Alianza Popular, Partido Demócrata Popular e Unión Liberal (AP–PDP–UL) con 1.200 votos (23,06%), co que lle corresponderon 4 concelleiros.

Partido N.º votos % votos N.º edís
PSdeG–PSOE 4.003 76,94% 13
AP–PDP–UL 1.200 23,06% 4

Foi elixido alcalde Antonio González Groveiro, do PSdeG–PSOE.

1987[editar | editar a fonte]

Para os comicios do 10 de xuño de 1987 presentáronse 5 candidaturas, para a elección de 17 concelleiros.

Cun censo electoral de 8.336 persoas, houbo un total de 5.275 votantes (63,28%) e unha abstención de 3.061 persoas (36,72%). Un total de 83 votos foron nulos (1,57%) e 29 foron en branco (0,56%). Do total de votantes, houbo 5.192 votos válidos (98,43%).[3]

Co 100% excrutado, o Partido dos Socialistas de Galicia–PSOE (PSdeG–PSOE) foi a forza máis votada, obtendo 2.702 votos (52,04%) e correspondéndolle 10 concelleiros. A segunda forza foi Centro Democrático y Social (CDS) con 1.277 votos (24,6%), co que lle corresponderon 4 concelleiros. A terceira forza foi a Federación de Partidos de Alianza Popular (AP), con 446 votos (8,59%) e 1 concelleiro. O cuarto foi a Coalición Progresista Galega (PDP–PL–CG), con 430 votos (8,28%) e 1 concelleiro. Por último, o Bloque Nacionalista Galego (BNG) obtivo 308 votos (5,93%) e 1 concelleiro.

Partido N.º votos % votos N.º edís
PSdeG–PSOE 2.702 52,04% 10
CDS 1.277 24,6% 4
AP 446 8,59% 1
PDP–PL–CG 430 8,28% 1
BNG 308 5,93% 1

Foi elixido alcalde Antonio González Groveiro, do PSdeG–PSOE.

1991[editar | editar a fonte]

Para os comicios do 26 de maio de 1991 presentáronse 3 candidaturas, para a elección de 17 concelleiros.

Cun censo electoral de 8.497 persoas, houbo un total de 5.177 votantes (60,93%) e unha abstención de 3.320 persoas (39,07%). Un total de 36 votos foron nulos (0,70%) e 37 foron en branco (0,72%). Do total de votantes, houbo 5.141 votos válidos (99,28%).[4]

Co 100% excrutado, o Partido dos Socialistas de Galicia–PSOE (PSdeG–PSOE) foi a forza máis votada, obtendo 3.024 votos (58,82%) e correspondéndolle 10 concelleiros. A segunda forza foi o Partido Popular (PP) con 1.523 votos (29,62%), co que lle corresponderon 5 concelleiros. A terceira forza o Bloque Nacionalista Galego (BNG), con 557 votos (10,83%) e 2 concelleiros.

Partido N.º votos % votos N.º edís
PSdeG–PSOE 3.024 58,82% 10
PP 1.523 29,62% 5
BNG 557 10,83% 2

Foi elixido alcalde Antonio González Groveiro, do PSdeG–PSOE. En agosto de 1992 abandonou o partido e situouse como independente.

1995[editar | editar a fonte]

Para os comicios do 28 de maio de 1995 presentáronse 4 candidaturas, para a elección de 17 concelleiros.

Cun censo electoral de 9.168 persoas, houbo un total de 6.092 votantes (66,45%) e unha abstención de 3.076 persoas (33,55%). Un total de 39 votos foron nulos (0,64%) e 53 foron en branco (0,88%). Do total de votantes, houbo 6.053 votos válidos (99,36%).[5]

Co 100% excrutado, o Partido Popular (PP) foi a forza máis votada, obtendo 1.982 votos (32,74%) e correspondéndolle 6 concelleiros. A segunda forza foi o Partido dos Socialistas de Galicia–PSOE (PSdeG–PSOE) con 1.653 votos (27,31%), co que lle corresponderon 5 concelleiros. A terceira forza o Bloque Nacionalista Galego (BNG), con 1.585 votos (26,19%) e 4 concelleiros. Por último, o Centro Democrático y Social (CDS) obtivo 780 votos (12,89%) e 2 concelleiros.

Partido N.º votos % votos N.º edís
PP 1.982 32,74% 6
PSdeG–PSOE 1.653 27,31% 5
BNG 1.585 26,19% 4
CDS 780 12,89% 2

Foi elixido alcalde Ramón Quintáns Vila, do PSdeG–PSOE, en coalición co BNG.

1999[editar | editar a fonte]

Para os comicios do 13 de xuño de 1999 presentáronse 4 candidaturas, para a elección de 17 concelleiros.

Cun censo electoral de 9.304 persoas, houbo un total de 5.895 votantes (63,36%) e unha abstención de 3.409 persoas (36,64%). Un total de 77 votos foron nulos (1,41%) e 90 foron en branco (1,55%). Do total de votantes, houbo 5.818 votos válidos (98,69%).[6]

Co 100% excrutado, o Partido Popular (PP) foi a forza máis votada, obtendo 2.528 votos (43,45%) e correspondéndolle 8 concelleiros. A segunda forza foi o Partido dos Socialistas de Galicia–PSOE (PSdeG–PSOE) con 2.064 votos (35,48%), co que lle corresponderon 7 concelleiros. A terceira forza o Bloque Nacionalista Galego (BNG), con 858 votos (14,75%) e 2 concelleiros. Por último, Esqueda de Galicia–Os Verdes (EDEG–OV) obtivo 278 votos (4,78%) e ningún concelleiro.

Partido N.º votos % votos N.º edís
PP 2.528 43,45% 8
PSdeG–PSOE 2.064 35,48% 7
BNG 858 14,75% 2
EDEG–OV 278 4,78% 0

Foi elixido alcalde Ramón Quintáns Vila, do PSdeG–PSOE.

2003[editar | editar a fonte]

2007[editar | editar a fonte]

2011[editar | editar a fonte]

Para os comicios do 22 de maio de 2011 presentáronse 4 candidaturas, para a elección de 13 concelleiros:[7]

Co 100% excrutado, o Partido Popular (PP) foi a forza máis votada, obtendo 2.208 votos (39,27%) e correspondéndolle 5 concelleiros no pleno. A segunda forza foi o Bloque Nacionalista Galego (BNG) con 1.237 votos (22,00%), co que lle corresponden 3 concelleiros. A terceira forza foi o Partido dos Socialistas de Galicia–PSOE (PSdeG–PSOE), con 1.200 votos (21,34%) e 3 concelleiros. Por último, Alternativa Veciñal de Porto do Son (AVS) obtivo 837 votos (14,89%) e 2 concelleiros.

Houbo un total de 5.753 votantes (69,72%) e unha abstención de 2.499 persoas (30,28%). Un total de 131 votos foron nulos (2,28%) e 140 foron en branco (2,49%).[8]

2015[editar | editar a fonte]

Para os comicios de 2015 presentáronse 4 candidaturas, para a elección de 13 concelleiros:[9]

Houbo un total de 5.609 votantes (69,63%) e unha abstención de 2.446 persoas (30,37%). Un total de 114 votos foron nulos (2,03%) e 66 foron en branco (1,20%).[10]

Co 100% excrutado, o Partido Popular (PP) foi a forza máis votada, obtendo 2.641 votos (48,06%) e correspondéndolle 7 concelleiros no pleno. A segunda forza foi o Partido dos Socialistas de Galicia–PSOE (PSdeG–PSOE), con 966 votos (17,58%), co que lle corresponden 2 concelleiros. A terceira forza foi PortodoS, con 934 votos (17,00%) e 2 concelleiros. Por último, o Bloque Nacionalista Galego–Asembleas Abertas (BNG) obtivo 888 votos (16,16%) e tamén 2 concelleiros.

Partido N.º votos % votos N.º edís
PP 2.641 48,06% 7
PSdeG–PSOE 966 17,58% 2
PortodoS 934 17% 2
BNG 888 16,16% 2

Foi elixido alcalde Luis Oujo, do Partido Popular.

2019[editar | editar a fonte]

Para os comicios do 26 de maio de 2019 presentáronse 3 candidaturas, para a elección de 13 concelleiros:[11]

Houbo un total de 5.651 votantes (72,26%) e unha abstención de 2.169 persoas (27,74%). Un total de 62 votos foron nulos (1,10%) e 52 foron en branco (0,93%).[12]

Co 100% excrutado, o Partido Popular (PP) foi a forza máis votada, obtendo 2.853 votos (51,05%) e correspondéndolle 7 concelleiros no pleno. A segunda forza foi o Partido dos Socialistas de Galicia–PSOE (PSdeG–PSOE), con 1.444 votos (25,84%), co que lle corresponden 3 concelleiros. A terceira forza foi o Bloque Nacionalista Galego (BNG), con 1.240 votos (22,19%) e 3 concelleiros.

Partido N.º votos % votos N.º edís
PP 2.853 51,05% 7
PSdeG–PSOE 1.444 25,84% 3
BNG 1.240 22,19% 3

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]