Coalición Progresista Galega
| Coalición Progresista Galega | |
|---|---|
|
Instancia de
| |
|
Ideoloxía política
| |
| Datas e cronoloxía | |
|
Fundación
| |
|
Disolución
| |
| Localización | |
|
País
| |
| Wikidata |
Coalición Progresista Galega, foi unha coalición de partidos galeguistas e de centro que nas eleccións municipais de 10 de xuño de 1987, foi a terceira forza política de Galicia.
Historia
[editar | editar a fonte]Xénese
[editar | editar a fonte]A Coalición Popular nucleada por AP crebara, polo que o PDP en Galicia empezou a ensaiar unha retórica galeguista con reminiscencias do vello Partido Galego Independente. Pola súa parte, o Partido Liberal tentaba tamén consolidarse na realidade política galega.
Pola súa parte, Coalición Galega, que se consolidara como a terceira forza política de Galicia nas eleccións autonómicas e nas anteriores municipais, acababa de sufrir a escisión do Partido Nacionalista Galego. Mentres unha anterior escisión, Centristas de Galicia, ía en coalición con AP.
Nesta conxuntura, o 11 de abril de 1987, Fernando García Agudín, por Coalición Galega, Enrique Marfany, polo PDP e José María Pardo Montero polo Partido Liberal constituíron na Coruña a Coalición Progresista Galega, cunha mensaxe municipalista, galeguista e de centro [1]. Non conseguiron unha boa implantación na provincia de Pontevedra onde se formou Independentes de Galicia, moitos de cuxos notables acabarán integrándose máis tarde en Coalición Galega.
Resultados
[editar | editar a fonte]A Coalición Progresista Galega acadaría a terceira posición moi por diante do CDS, o seu competidor no espazo de centro, e do BNG, que nun proceso de moderación do seu discurso aparecía xa disputando electorado nacionalista de centroesquerda. O outro potencial competidor, o PNG, conseguira resultados moi cativos.
En total, a CPG acadou 610 concelleiros e 54 alcaldías (a segunda forza política, o PSOE, só atinxiría dúas máis). Na cidade de Lugo o seu candidato, Vicente Quiroga, facíase coa alcaldía.
Evolución
[editar | editar a fonte]A Coalición Progresista Galega, aproveitando o baixón de AP na Coruña (de 528 concelleiros da agora esgazada Coalición Popular a 339), ofertou o seu apoio ao candidato do PSdeG-PSOE (que lograra máis votos, deputados provinciais e concelleiros), Salvador Fernández Moreda, para obter a presidencia da Deputación da Coruña, tendo tamén que precisaban o apoio dos socialistas para lograr a alcaldía de Lugo. Pero unha negociación de Enrique Marfany con candidato de AP José Manuel Romay Beccaría, propiciou o acceso ao cargo deste último[2], todo iso a pesar que os socialistas os apoiaran en Lugo. Reproducíanse as tensións que sufrira Coalición Galega no Parlamento de Galicia. En xuño de 1989 3 dos 5 deputados provinciais (os alcaldes de Santa Comba, Coristanco e Mazaricos), co respaldo dun nutrido número de alcaldes da coalición (especialmente na Costa da Morte), apoiaron unha moción de censura que contra Romay que lle deu a presidencia que 2 anos antes se lle negara ao socialista Fernández Moreda.
José Rivas Fontán, o máis notable alcalde de Independientes de Galicia acabou ingresando en Coalición Galega, da man do novo líder de Coalición Galega Xosé Luís Barreiro Rivas.[3] Os seus excompañeiros, encargáranse de que ámbolos dous tivesen serios problemas coa xustiza. Na provincia da Coruña, a moción de censura supuxo unha fenda insalvable que supuxo a desaparición da coalición nas municipais de 1991. Nestas eleccións os deputados e alcaldes que rexeitaran a moción de censura pasaron a engrosalas filas do Partido Popular na súa inmensa maioría (unha das razóns que esgrimía o sector que apoiara aos socialistas era que a coalición camiñaba cara a disolución no PP). Pola súa banda o sector de alcaldes e deputados favorables á moción remataron no PSdeG-PSOE (principalmente na Costa da Morte, entre eles o alcalde de Coristanco), na CNG (coalición promovida por Coalición Galega e que contaba cos alcaldes de Santa Comba e Mazaricos) ou independentes. Nas provincias de Lugo e Pontevedra os seus restos continuaron a maioría na CNG, mentres que en Ourense Coalición Galega ampliou a súa coalición a Centristas de Galicia e CDS (Converxencia Centrista).
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ A gran historia de Galicia XIV, volume 2. Edicións La Voz de Galicia, 2007, pax. 78.
- ↑ A gran historia de Galicia. Opus cit. pax 82
- ↑ Xosé de Cora. Barreiro contra Barreiro. Edicións Xerais, Vigo, 1990, pax.276