Ramón Quintáns Vila

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaRamón Quintáns Vila
Biografía
Nacemento1960 Editar o valor em Wikidata (63/64 anos)
Cargos
   Alcalde de Porto do Son
Período17 de xuño de 1995 – 16 de xuño de 2007
AntecesorAntonio González Groveiro
SucesorManuel Tomé Piñeiro
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
OcupaciónMestre e político
Partido políticoPSdeG-PSOE
Membro de
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Ramón Quintáns Vila, nado en 1960, é un mestre e político galego. Foi alcalde de Porto do Son entre 1995 e 2007 polo PSdeG-PSOE, e edil neste municipio dende 1987 ata 2011.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

En 1982 comeza a ser militante do PSdeG-PSOE, e tralas eleccións municipais de 1987 foi elixido concelleiro en Porto do Son e primeiro tenente de alcalde do municipio. Mantivo estes cargos tralas eleccións de maio de 1991. Tras varios enfrontamentos co entón alcalde Antonio González Groveiro é cesado dos seus cargos en maio de 1992. Posteriormente, tras abandonar todos os seus compañeiros na corporación o PSdeG, quedou como único representante desta formación no salón de plenos sonense.

Foi elixido candidato á alcaldía de Porto do Son polo PSdeG-PSOE para as eleccións de 1995. Tralos comicios do 28 de maio, os resultados posibilitaron a formación dun goberno de coalición entre socialistas e BNG, sendo Quintáns alcalde. Tralos comicios de 1999, foi reelixido, pero encabezando un goberno en minoría. Nas eleccións de 2003 a candidatura socialista experimentou unha suba de votos e concelleiros, e volveu ser reelixido alcalde, formando goberno cun concelleiro independente. Nese mesmo mandato foi deputado provincial, encargándose da área de Deportes. Nos comicios de 2007 sufriu unha forte perda de apoio, que xunto á negativa da portavoz do BNG de formar goberno cos socialistas, supúxolle ter que ceder á alcaldía ó PPdeG. A partir de entón, situouse como xefe da oposición sonense.

En novembro de 2009 triunfou unha moción de censura presentada polo PSdeG-PSOE e o BNG, trala cal a alcaldía pasou a estar ocupada polo socialista Xoán Pastor Rodríguez, o cal nomeouno concelleiro de cultura. En xaneiro de 2010 foi nomeado coordinador comarcal do PSdeG no Barbanza. En decembro de 2010 anunciou a súa retirada da política, desta forma deixou de ser concelleiro tralo remate da lexislatura en xuño de 2011, aínda que continuou como coordinador comarcal dos socialistas ata abril de 2013.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]