Antonio González Groveiro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Antonio González Groveiro

Porto do Son.svg
Alcalde de Porto do Son
23 de abril de 1979 – 17 de xuño de 1995
Sucedido por Ramón Quintáns Vila

Datos persoais
Nacemento 10 de maio de 1944 (74 anos)
Porto do Son, Galicia
Partido PCG, PSdeG-PSOE, PPdeG
Profesión Político, empresario

Antonio González Groveiro, nado en Porto do Son o 10 de maio de 1944, é un empresario e político galego. Foi alcalde de Porto do Son entre 1979 e 1995.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Militante do PCG, nas primeiras eleccións democráticas encabezou a candidatura da AMDG á alcaldía de Porto do Son e foi elixido alcalde grazas a un pacto de goberno. En 1981 abandona o PCG e en 1982 ingresa no PSdeG-PSOE. Nas municipais de 1983 encabezou a candidatura do PSdeG e foi elixido alcalde con maioría absoluta. Nas municipais de 1987 volveu ser elixido alcalde con maioría absoluta e nese ano realizou unhas declaracións sobre unha xornalista que lle custaron unha condena da Audiencia por un delito de inxurias graves, liderou unha campaña contra o patrón maior da confraría, acusándoo dun presunto desfalco, e permitiu a destrución do castro da Enxa para construír o Servizo de Vixilancia Marítima. Nas municipais de 1991 volveu ser alcalde con maioría absoluta e en decembro dese ano o Tribunal Supremo revogou a súa condena[1]. Tivo varias polémicas co PSdeG e en agosto de 1992 anunciou o abandono do partido, xunto con todo o grupo de goberno e algunhas decenas de militantes. Nas municipais de 1995 presentouse como cabeza de lista polo PPdeG, pero non foi alcalde ao pactar PSdeG e BNG. Volveu presentarse en 1999 e 2003, pero non volveu ser elixido alcalde.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]