Banda de Música Municipal de Celanova

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A Banda de Música Municipal de Celanova é unha banda de música do concello de Celanova, unha das bandas máis antigas de Galicia.[1][2][3]

Historia[editar | editar a fonte]

Existen documentos que falan da existencia da Banda dende 1850. Manuel Chamuchín, un músico residente en Celanova, é en quen recae o traballo de coordinación dos primeiros pasos da corporación municipal, ó ser contratado como "mestre de música". Tras del virían numerosos directores que tras varias etapas darían lugar o que é hoxe a Banda de Música Municipal de Celanova.

En 1920 xurdiu a Sociedade de Amigos da Banda de Música, que aínda hoxe segue vixente baixo a presidencia de Fernando Martínez Menchón. Esta encárgase de apoiar e xestionar a Banda de Música e a Escola de Música.

Ó longo da súa historia, a banda participou en numerosas actuacións no territorio galego, así como no resto de España, Portugal e Venezuela.

Directores da banda[editar | editar a fonte]

Directores Ano
Manuel Chamuchín 1850 - 1853
Genaro Durán 1853 -1855
Higinio Gíl 1857 – 1861
Manuel Sánchez 1863 – 1870
Manuel Asensio 1870 – 1871
Sen actividade municipal coñecida 1872 – 1894
José Sánchez ? 1894 – 1908
José Sánchez 1908 – 1920
Eduardo Pierrá 1920 – 1928
José Pena 1928 – 1929
Anastasio Hernández 1929 – 1934
Luis Berney 1934 -1940?
Baristain 1940 -1944?
Faustino Pulpeiro 1944 – 1952
José Fariñas 1952 -1956?
Jesús Vázquez 1956 -1962?
Antonio Domínguez 1962 – 1966
Eulogio López Masid 1966 – 1968
José Zaldo García 1968 – 1973
Antonio Cuevas 1973 – 1976
Miguel de Santiago 1976 – 1978
Javier Gargallo 1978 – 1979
Miguel de Santiago 1979 – 1980
Alfonso Salvatierra 1980 – 1985
Alejandro del Río 1985 – 1988
Arsenio Alonso Araujo 1988 – 1994
José Zaldo García 1994 – 2014
Miguel Pérez Lorenzo 2014 – Actualidade

Premios[editar | editar a fonte]

A Banda Municipal de Celanova foi galardoada con numerosos premios destacando os acadados en certames musicais tan prestixiosos coma os que se celebraban en Ribadavia, Lugo, Ourense e Oviedo, onde acadou premios respectivamente nos anos 1934, 1968, 1971 e 1976. Recentemente acadou o terceiro posto no I Certame Internacional de Bandas Ciudad de Benavente celebrado en Benavente, León no 2018.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Piñeiro Feijoo, Antonio. Banda de música municipal de Celanova, século e medio de historia. 
  2. "Banda de Música Municipal de Celanova". Arquivado dende o orixinal o 18 de agosto de 2013. Consultado o 02 de xuño de 2013. 
  3. "Federación Galega de Bandas de Música Populares". Arquivado dende o orixinal o 04 de xullo de 2013. Consultado o 02 de xuño de 2013. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Piñeiro Feijoo, Antonio (1993). Banda de música municipal de Celanova, século e medio de historia. ISBN 978-84-604-8105-8. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]