Dicionario electrónico
Aparencia
Un dicionario electrónico é un repertorio lexicográfico (véxase dicionario) accesible mediante a Internet. Segundo os criterios utilizados poden incluír maior ou menor información lingüística, existindo desde simples listaxes de palabras, a dicionarios con explicitación da categoría gramatical, inclusión da definición, repertorio fraseolóxico, organizados terminoloxicamente (como unha nomenclatura botánica ou zoolóxica como a Wikiespecies) ou con nomes propios.
Entre as utilidades coas que contan están:
- Suxestión de formas semellantes á buscada (normalmente propostas cando non aparece no repertorio);
- Vencellos con sinónimos, antónimos e onomasiolóxicos;
- Vencellos dende as propias palabras da definición;
- Flexionador (de xénero, número e caso para substantivos e adxectivos ou conxugación de tempo verbal, modo verbal, aspecto ou voz para verbos);
- Con interpretación das formas flexionadas preguntadas;
- Editable polos usuarios (coma o Galizionario);
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Entre os doutras moitas existentes, velaí unha listaxe dos dicionarios cos que contan as linguas máis achegadas ó galego:
- Galego: Dicionario Arquivado 22 de xullo de 2013 en Wayback Machine. da RAG de 2003 ou o Estraviz da AGAL (125 mil entradas); o VOLG da RAG pódese consultar actualizado nesta páxina Arquivado 31 de marzo de 2014 en Wayback Machine.;
- Caso especial para o galego é o Dicionario de galego de Ir Indo Edicións (ISBN 84-7680-504-7), con 65.914 entradas e aberto en versión beta á rede oficialmente o 23 de abril de 2008 (día de san Xurxo) e reformado o 16 de maio (véspera do día das letras galegas) cruzado con aparentemente todos (en número indeterminado pero elevado) os equivalentes en portugués, inglés e castelán da Enciclopedia Galega Universal (ISBN 84-7680-288-9). O 20 de outubro de 2010 pasou a ser de pago.
- Portugués: Dicionario Priberam da lingua de Portugal e de Cabo Verde ou o de Porto Editora; : Dicionário Houaiss da Lingua Portuguesa (brasileiro, 186.598 entradas)
- Asturiano: Diccionario General de la Lengua Asturiana de Xosé Lluis García Arias;
- Castelán: Diccionario de lingua da RAE, tamén co Escolar e o Panhispánico de dúbidas; a enorme listaxe de repertorios lexicográficos do doutor José Luis de Pando Villarroya (aínda que non todos funcionan);
- Vasco: dicionario da Euskaltzaindia, a Academia da lingua vasca; dicionario Elhuyar hiztegia, bilingüe es-eu
- Catalán: Diccionari de l'Enciclopèdia Catalana Arquivado 06 de decembro de 2019 en Wayback Machine.;
- Inglés: Cambridge (con fonoloxía), Encyclopaedia Britannica, Merrian-Webster, Wordreference e Webster's;
- Francés: Collins, dicionario da Académie Française e o Trésor;
- Italiano: Dicionario italiano-galego, unidireccional (en PDF)
- Alemán (específico) ou italiano (ademais de tódalas linguas anteriores): Moitos dicionarios cun límite mensual de consultas;
- Bilingüe
- Wordreference bilingüe;
- Bilingüe galego
- Galego-inglés e viceversa, do SLI
- Multilingüe galego
- Escola oficial de idiomas de Santiago de Compostela; Galizionario, dentro do proxecto wikimedia;
- Terminolóxicos
- Eurodicautom, multilingüe europeo, na actualidade baleirado no IATE (Inter-Active Terminology for Europe, ou Inter-Agency Terminology Exchange)
- Tergal de Termigal
- Dicionario terminolóxico francés-inglés, do Canadá
- Termcerca do Termcat, Servizo terminolóxico de Cataluña