Saltar ao contido

Edgar Morin

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaEdgar Morin

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(fr) David Salomon Nahoum Editar o valor en Wikidata
8 de xullo de 1921 Editar o valor en Wikidata
9º distrito de París Editar o valor en Wikidata
Morte29 de maio de 2026 Editar o valor en Wikidata (104 anos)
Neuilly-sur-Seine Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCemiterio de Montparnasse Editar o valor en Wikidata
Director de investigación do CNRS
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónFacultade de Dereito de París Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoEpistemoloxía, socioloxía, ambiente, política e complex thinking (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónfilósofo, guionista, xornalista de opinión, científico social, sociólogo, director de cinema, autor Editar o valor en Wikidata
EmpregadorCentre national de la recherche scientifique
École des hautes études en sciences sociales Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Comunista Francés (1941–1951)
Frontist Party (en) Traducir (1938–) Editar o valor en Wikidata
MovementoFilosofía continental Editar o valor en Wikidata
Influencias
Obra
Obras destacables
DoutorandoClaude Fischler, Chris Southcott (pt) Traducir, Jean Viard (pt) Traducir, Nicole Lapierre e Bernard Dagenais (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Arquivos en
Familia
CónxuxeSabah Abouessalam (2012–2026)
Edwige Morin (1982–2008), morte do cónxuxe
Johanne Harrelle (1972–1981) Editar o valor en Wikidata
FillosVéronique Grappe-Nahoum
 ()
Irène Nahoum
 () Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteQ123556677 Traducir Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0602841 Allocine: 37412 Rottentomatoes: celebrity/edgar_morin Allmovie: an1397647 Metacritic: person/edgar-morin
Twitter: edgarmorinparis Enciclopedia Galega Universal: 153714 BNE: XX995474 Dialnet: 21545 Musicbrainz: f56639bf-a443-4198-ae16-a63eee709c5c Editar o valor en Wikidata

Edgar Morin, nado en París o 8 de xullo de 1921 e finado na mesma cidade o 29 de maio de 2026, foi un sociólogo francés.[1]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Ligado á Fronte Popular francesa e comprometido coa II República Española, dende moi cedo asumiu o marxismo. Durante a segunda guerra mundial militou na resistencia, participou na liberación de París e na posguerra foi tenente do exército de ocupación francés en Alemaña. Afiliouse ao Partido Comunista Francés. As súas posicións contrarias ao stalinismo, levárono a distanciarse do partido ata a súa expulsión en 1951.

En 1950 entrou no Centre national de la reserche scientifique e máis tarde fundou a revista Arguments. Na Bretaña realizou un traballo de etnoloxía contemporánea. Fundou e dirixiu o Centro d´etudes de comunication de masse.

Moi comprometido coa axitación estudantil, foi un dos teóricos do maio do 68. As súas viaxes por Latinoamérica sensibilízano coas culturas indíxenas e afro-brasileiras.

Contrario á Guerra de Alxeria, estivo preto de posicións pacifistas. Así malia ás súas orixes sefardís, manifestouse crítico con Israel nas súas relacións con Palestina.

Ten distincións de gran prestixio como a medalla de ouro da UNESCO, Comendadeur de la Lègion d´honneur, a Ordem de Sant-Iago da Espada de Portugal ou o Premio internacional de Cataluña.

Pensamento

[editar | editar a fonte]

Defendía a transdisciplinariedade e o pensamento complexo. Foi un dos pais da teoría da complexidade. Nel inflúe a cibernética, os sistemas, a xenética e a informática. Propuxo unha refundación antropolítica, unha nova toma de conciencia da comunidade de destino terrestre, o planeta como patria. A cultura actual pertence á prehistoria. Todas as grandes creacións foron impensables antes de producírense e todo o afortunado que leva ocorrido na historia foi no seu día improbable. Estes e outros factores son principios de esperanza na desesperanza. Quedan, xa que logo, posibilidades cerebrais e antropolóxicas no proceso de humanización. Isto non significa caer nun optimismo superficial pois ningún desenvolvemento se adquire para sempre e existe un principio de degradación que reclama unha rexeneración sempre incerta.

  1. ↑ Verdú, Daniel (2026-05-30). "Muere el filósofo francés Edgar Morin a los 104 años". El País (en castelán). Consultado o 2026-05-30.