Teoría da complexidade

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A teoría da complexidade, chamada adoito simplemente complexidade, desafío da complexidade [1] ou pensamento da complexidade [2], é unha noción utilizada en filosofía, epistemoloxía (por autores como Anthony Wilden e Edgar Morin), física, bioloxía (por Henri Atlan), socioloxía, informática ou en ciencia da información.

A súa definición varía significativamente segundo a área de coñecemento. Trátase dunha visión interdisciplinar acerca dos sistemas complexos adaptativos, do comportamento emerxente de moitos sistemas, da complexidade das redes, da teoría do caos, do comportamento dos sistemas distanciados do equilibrio termodinámico e das súas facultades de autoorganización.

Este movemento científico tivo unha serie de consecuencias non só tecnolóxicas senón tamén filosóficas. O uso do termo complexidade é, por tanto, aínda inestábel e na literatura de divulgación frecuentemente se lle dan usos espúrios, moi distantes do contexto científico, particularmente en abstraccións do concepto (crucial) de non-linearidade.

O termo tamén úsano algúns como sinónimo de epistemoloxía da complexidade, unha rama da filosofía da ciencia establecida no inicio dos anos 1970 por Edgar Morin, Isabelle Stengers e Ilya Prigogine.[3]

Existe tamén unha teoría de complexidade computacional, que é un campo científico máis estábel e mellor definido, e que evolucionou separadamente do referente ao concepto de sistema non linear, pero que está sutilmente ligado a este.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Gianluca Bocchi, Mauro Ceruti, La sfida della complessità, Feltrinelli, Milano, 1985 (primeira edición). Bruno Mondadori, Milano, 2007 (nova edición)
  2. Tullio Tinti, La “sfida della complessità” verso il Terzo Millennio Arquivado 06 de febreiro de 2011 en Wayback Machine., pdf, artigo publicado na revista Novecento (ano 18, n.12, pp.7-12, p.25).
  3. G. Bocchi, M. Ceruti (a cura di), La sfida della complessità, Bruno Mondadori 2007 (primeira edición, Feltrinelli 1985)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]