Economía de Angola
Economía de Angola | |
---|---|
Moeda | kwanza |
Organizacións comerciais de que fai parte | OMC, Unión Africana |
Datos estatísticos[1] | |
PIB | 130,4 mil millóns (2012) |
Posición do PIB | 66ª no mundo[2] |
Crecemento do PIB | 8,4% (2012) |
PIB per cápita | 6 500 (2012) |
PIB por sector | agricultura 10,2%, industria 61,4%, servizos 28,4% (2011) |
Inflación | 10,3% (2012) |
Poboación abaixo da limiar de pobreza | dato non dispoñíbel |
Total da forza de traballo | 8.468.000 (2012) |
Forza de traballo por sector | agricultura 85%, industria e servizos 15% (2003) |
Desemprego | dato non dispoñíbel |
Industrias | petróleo; diamante, extracción de ferro, fosfato, feldespato, bauxita, uranio e ouro; cemento; produtos básicos de metal; procesamento de peixe, procesamento de alimentos, cervexa, tabaco, azucre; téxtiles |
Parcerías comerciais[1] | |
Exportacións | 69,26 mil millóns (2012) |
Produtos de exportación | petróleo, diamante, derivados do petróleo, café, sisal, peixe e produtos de peixe, madeira, algodón |
Principais mercados | A República Popular da China 45,8%, os Estados Unidos 13,7%, a India 11% e Suráfrica 4,1% (2012) (2012) |
Importacións | 22,86 mil millóns (2012) |
Principais produtos importados | máquinas e equipamentos eléctricos, vehículos e pezas, fármacos, alimentos, téxtiles, equipamento militar |
Principais mercados | A República Popular da China 20,8%, Portugal 19,5%, os Estados Unidos 7,7%, Suráfrica 7,1% e o Brasil 5,9% (2012) (2012) |
Finanzas públicas[1] | |
Débeda externa | 21,78 mil millóns (2012) |
Ingresos | dato non dispoñible |
Gastos | dato non dispoñible |
O alto índice de crecemento da economía de Angola en anos recentes deveuse ós elevados prezos internacionais do petróleo. O país tornouse un membro da OPEP o 2006, e a súa produción diaria de petróleo atinxe os 1,65 millóns de barrís.[1] A súa economía é unha das que crece mai rapidamente en África e no mundo.
Con todo, malia gozar duns bos indicadores de crecemento nos últimos anos, a clasificación do país nos índices internacionais de desenvolvemento humano (148ª posición no mundo en IDH, co 54,8% da poboación en pobreza extrema[3]) non é boa, o que pon de manifesto que a riqueza petrolera está concentrada nuns poucos membros da elite política, mentres que a maioría da poboación atópase sumida na máis absoluta pobreza. Mostra deste contraste, en 2009, a capital angolana (Luanda), superou a Toquio como a cidade máis cara do mundo, mentres que dous terzos da poboación vivían con menos de dous dólares ao día.[4]
Exceptuando os sectores de petróleo diamantes, os demais foron moi perxudiados polos 26 anos de guerra civil.[1] Desde o 2005, o goberno ten utilizado créditos de axuda da República Popular da China, Brasil, Portugal, Alemaña, España e toda a UE na reconstrución da súa infraestrutura.[1]
Angola concluíu en marzo de 2012 un acordo co FMI para financiar axustes macroeconómicos e contribuír ao aumento dos seus reservas internacionais. Os compromisos angolanos concretáronse nun axuste fiscal, política monetaria restritiva e reforzamento do sistema bancario e financeiro local. O importe da devandita facilidade financeira foron equivalentes a 1.400 millóns de dólares.[5]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 "The World Factbook.". Arquivado dende o orixinal o 06 de maio de 2020. Consultado o 27 de outubro de 2013.
- ↑ CIA. "Real GDP (purchasing power parity)". The World Factbook (en inglés).
- ↑ Programa de las Naciones Unidas para el Desarrollo, ed. (2011). "Informe sobre Desarrollo Humano 2011" (PDF). Consultado o 10 de febreiro de 2013.
- ↑ Cano, Fernando (17 de xaneiro de 2010). "Angola, de escaparate". EL PAÍS. Consultado o 13 de febreiro de 2013.
- ↑ "Información Ministerio de Asuntos Exteriores de España" (PDF).[Ligazón morta]