Téxtil

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Téxtiles")
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Mercado dominical de teas nas proximidades de Karachi, Paquistán

O téxtil[1] (que provén do latín "textilis" que, á súa vez provén de "texere", tecer) é aquilo relacionado coas telas fabricadas por medio de tramas e tecidos. Trátase dun material flexible que consiste nunha rede de fibras, tanto naturais coma artificiais, chamadas fíos. Até o século XX había catro tipos de fibras empregadas, o algodón e o liño, que proveñen de fibras vexetais, e a la e a seda, que son fibras animais. No presente, a maioría de telas fanse con fibras artificiais.

Historia[editar | editar a fonte]

As primeiras roupas apareceron hai uns 70 000 anos, e se cadra mesmo antes, e estaban feitas de peles de animais que axudaron a protexer ós humanos do frío da glaciación. Nalgún punto da historia, os humanos aprenderon a tecer fibras de plantas para fabricar téxtiles.

O descubrimento de fibras de liño tinguidas nunha cova de Xeorxia, datadas do -34 000, suxire que o emprego de materiais téxtiles é propio tamén dos tempos prehistóricos.[2][3]

Maquinaria téxtil en Llanwrtyd, Gales, na década de 1940.

A produción de produtos téxtiles sufriu unha constante evolución cuxa velocidade e escala de produción foi alterada pola industrialización e pola introdución das modernas técnicas de fabricación. Porén, os principais tipos de tecido, como o ligamento tafetán, ligamento sarga ou o raso sufriron poucas diferenzas entre a antigüidade e a era moderna.

Ó longo do século XX as fibras plásticas fixéronse cunha parte importante no uso. No s. XXI as fibras feitas a partir de reciclados e a madeira[4] están probando o seu uso.


Notas[editar | editar a fonte]

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para téxtil.
  2. Balter, M. (2009). "Clothes Make the (Hu) Man". Science 325 (5946): 1329. PMID 19745126. doi:10.1126/science.325_1329a. 
  3. Kvavadze, E.; Bar-Yosef, O.; Belfer-Cohen, A.; Boaretto, E.; Jakeli, N.; Matskevich, Z.; Meshveliani, T. (27 de novembro de 2009). "30,000-Year-Old Wild Flax Fibers". Science 325 (5946): 1359. PMID 19745144. doi:10.1126/science.1175404. Arquivado dende o orixinal o 28 de novembro de 2018. 
  4. ambiente, Medio. "Esta camiseta está hecha con madera". eldiario.es (en castelán). Consultado o 2019-03-26. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]