Douglas Vidal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Douglas Vidal
Información persoal
Nome José Ángel Vidal Douglas
Nacemento 15 de xaneiro de 1928
Lugar de nacemento Ciudad Guayana
Posición Centrocampista
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1945–1949 Dos Caminos
1950–? Loyola
Deportivo Vasco
Estudiantes
Deportivo Celta
Deportivo Galicia
Selección nacional
Venezuela
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

José Ángel Vidal Douglas, coñecido como Douglas Vidal, nado en Ciudad Bolívar o 15 de xaneiro de 1928, é un ex futbolista venezolano. Xogaba de centrocampista e foi internacional coa selección venezolana.

É o pai do ex futbolista e empresario Juan José "Cheché" Vidal.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Comezou a xogar ao fútbol no colexio salesiano da súa cidade natal, Ciudad Bolívar. Na década de 1940 trasladouse a Caracas, onde militou no equipo do Liceo Fermín Toro.[1] Alí viuno xogar o italiano Vittorio Godigna, técnico do Dos Caminos Sport Club, que o levou para o seu club. Xogou un só partido co equipo que militaba en Terceira, anotando tres goles, e subiu inmediatamente ao primeiro equipo, co que se proclamou campión da Primeira División en 1945 e 1949.

En 1950 fichou polo Loyola, co que acadou tres subcampionatos de liga. Máis tarde pasou polo Deportivo Vasco, Estudiantes e o Deportivo Celta, reconvertido logo en Deportivo Galicia, onde coincidiu cos seus cuñados Luís e Rodolfo Noya.[2]

Despois de retirarse do fútbol foi directivo do Valencia FC, que presidía o seu cuñado Rodolfo, presidente da Liga Maior, , e vicepresidente e finalmente presidente da Federación Venezolana de Fútbol.[1]

Selección nacional[editar | editar a fonte]

Coa selección venezolana participou en dúas edicións dos Xogos Bolivarianos en 1951 e 1961, nos Xogos Centroamericanos e do Caribe de 1958 e nos Xogos Panamericanos de 1955.[1]

Foi o primeiro futbolista en marcar un gol no Estadio Olímpico da Universidade Central de Venezuela. Foi o 5 de decembro de 1951, na vitoria por 4-1 contra Panamá.[3]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou en Caracas coa galega Violeta Noya Domínguez, filla do futbolista, sindicalista e xornalista da Guarda Xoán Noya.[4] Coñeceuna nun partido do Loyola, onde Douglas era compañeiro do irmán dela, Rodolfo Naya.[1] O seu fillo Cheché Vidal foi tamén futbolista e internacional coa selección venezolana.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 "Jose Angel Vidal Douglas , la gacela guayanesa" (en castelán). 16 de novembro de 2018. Consultado o 14 de abril de 2021. 
  2. "Chao, nuevo entrenador del Lar Gallego de Caracas". La Voz de Galicia (en castelán). 7 de outubro de 1959. p. 5. 
  3. Douglas Vidal anotó el primer gol vinotinto - futbolvision.com.ve
  4. "Enlace Noya Domínguez-Vidal Douglas en Venezuela". La Noche (en castelán). 29 de xuño de 1956. p. 7. Consultado o 14 de abril de 2021. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]