Douglas Fairbanks Jr.

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Douglas Fairbanks Jr.
Douglas Fairbanks Jnr colour Allan Warren.jpg
Nacemento9 de decembro de 1909
Lugar de nacementoNova York
Falecemento7 de maio de 2000
Lugar de falecementoNova York
Causainfarto agudo de miocardio
SoterradoHollywood Forever Cemetery
NacionalidadeEstados Unidos de América
Alma máterCollegiate School e Harvard-Westlake School
Ocupaciónactor, oficial, guionista, actor de cinema, produtor de cinema, actor de televisión e actor de teatro
PaiDouglas Fairbanks
NaiAnna Beth Sully
CónxuxeJoan Crawford e Mary Lee Epling
FillosDaphne Nancy Beth Fairbanks, Victoria Susan Fairbanks e Melissa Louise Fairbanks
PremiosKnight Commander of the Order of the British Empire, Lexionario da Lexión do Mérito, Lexión de Honra, Estrela de Prata, Ordem Nacional do Cruzeiro do Sul, Gran Cruz da Orde do Mérito da República Federal de Alemaña e star on Hollywood Walk of Fame
Na rede
IMDB: nm0001195 Allocine: 3333 Allmovie: p89298 TCM: 59276 TV.com: people/douglas-fairbanks-1
Musicbrainz: 28961e56-80b4-44da-aec2-f7430ffcc2f9 Discogs: 2300589 WikiTree: Fairbanks-448 Find a Grave: 9611 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Douglas Elton Fairbanks Jr., nado en Nova York o 9 de decembro de 1909 e finado na mesma cidade o 7 de maio de 2000, foi un actor norteamericano, alén de militar condecorado na segunda guerra mundial.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo do destacado Douglas Fairbanks, unha das primeiras personaxes lendarias de Hollywood, Fairbanks Jr. nunca conseguiu saír totalmente da sombra do pai. Estudou en París,[1] onde estaba coa súa nai recentemente divorciada, cando contactou con el o empresario William Elliott, que quería lanzalo no cinema. Asinou coa Paramount aos catorce anos de idade, en contra da opinión paterna, que desexaba para el o camiño da universidade, e estreou na pantalla en 1923, na fracasada comedia Stephen Steps Out.[2][3] Os seus traballos seguintes no cinema mudo son pouco memorábeis, con excepción do drama Stella Dallas (1926), de Henry King.[4]

A transición ao cinema sonoro foi tranquila, axudada ademais polo seu matrimonio con Joan Crawford, con quen coeprotagonizou Our Modern Maidens (1929). Na década de 1930, Fairbanks Jr. coñeceu o éxito en filmes como The Dawn Patrol (1930), Little Caesar (1931), The Prisoner of Zenda (1937), onde por primeira vez interpretou un espadachín, personaxe imortalizada polo seu propio pai nunha serie de filmes na era muda, Gunga Din (1939) e The Corsican Brothers (1941).

Fairbanks interrompeu a carreira para participar da segunda guerra mundial. Alistouse na Mariña, servindo, entre outros, baixo as ordes do heroe inglés Lord Mountbatten.[5] Inicialmente tenente, Fairbanks pediu a baixa en 1954, xa como capitán. Loitou na fronte de batalla e recibiu diversas medallas: Silver Star e Legion of Merit do seu país, a British Distinguished Service Cross da Inglaterra e as francesas Légion d'Honneur e Croix de Guerre.

Finalizado o conflito, Fairbanks retornou a Hollywood, mais pasaba moito tempo no Reino Unido, onde era aceptado nos altos círculos sociais desde a década anterior, cando xa filmaba nese país. En 1949 recibiu unha condecoración no Palacio de Buckingham; era íntimo da raíña Isabel e do príncipe Filipe, a quen recibía na súa mansión, The Boltons. No cinema, volveu ao xénero de capa e espada con Sinbad the Sailor (1947) e The Exile (1947), porén foise afastando aos poucos das cámaras. Traballou esporadicamente no teatro, inclusive na montaxe americana de My Fair Lady, subtituíndo a Rex Harrison no papel de Higgins. Entre 1954 e 1956, protagonizou na televisión a serie Douglas Fairbanks Presents. Participou tamén en varios telefilmes.

Tras vender The Boltons, estableceuse en Nova York, onde se dedicaba aos deportes, aos negocios e á vida de socialite. Fairbanks casou tres veces. Tras divorciarse de Joan Crawford, casou con Mary Lee Eppling, con quen tivo as súas tres fillas, Daphne, Victoria e Melissa. O matrimonio rematou co falecemento dela en 1988. Posteriormente, uniuse a Vira Shelton en 1991, con quen viviu ata o seu propio pasamento, en 2000, vítima dun infarto.[6][7] Foi sepultado no Hollywood Forever Cemetery, dos Ánxeles, na mesma cripta que o seu pai.[8]

Filmografía parcial[editar | editar a fonte]

  • American Aristocracy (1916)
  • The Three Musketeers (1921)
  • Stephen Steps Out (1923)
  • The Air Mail (1925)
  • Wild Horse Mesa (1925)
  • Stella Dallas (1925)
  • The American Venus (1926)
  • Padlocked (1926)
  • Broken Hearts of Hollywood (1926)
  • Man Bait (1927)
  • Women Love Diamonds (1927)
  • Is Zat So? (1927)
  • A Texas Steer (1927)
  • Dead Man's Curve (1928)
  • Modern Mothers (1928)
  • The Toilers (1928)
  • The Power of the Press (1928)
  • The Barker (1928)
  • A Woman of Affairs (1928)
  • The Forward Pass (1929)
  • The Jazz Age (1929)
  • Our Modern Maidens (1929)
  • Little Caesar (1931)
  • I Like Your Nerve (1931)
  • Union Depot (1932)
  • Catherine the Great (1934)
  • Man of the Moment (1935)
  • The Amateur Gentleman (1936)
  • Accused
  • The Prisoner of Zenda (1937)
  • Joy of Living (1938)
  • The Rage of Paris (1938)
  • Having Wonderful Time (1938)
  • The Young in Heart (1938)
  • Gunga Din (1939)
  • Green Hell (1940)
  • Angels Over Broadway (1940)
  • The Corsican Brothers (Justicia corsa) (1941)
  • Sinbad the Sailor (1947)
  • The Exile (1947)
  • Ghost Story (1981)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Commander Douglas Elton Fairbanks Jr., USNR". Biographies in Naval History. Naval Historical Foundation (U.S.). 14 de xuño de 2006. Arquivado dende o orixinal o 07 de outubro de 2008. Consultado o 26 de setembro de 2008. 
  2. "Stephen Steps Out". The Mail 12 (622) (Adelaide). 19 de abril de 1924. p. 13. Consultado o 20 de marzo de 2018 – vía National Library of Australia. 
  3. "Douglas Fairbanks, Jr. to get $1,000 a week". The Washington Post. 24 de maio de 1923. 
  4. Kingsley, Grace (4 de xuño de 1925). "FLASHES: WON'T LEAVE US HAROLD LLOYD TO MAKE NEW PICTURE HERE". Los Angeles Times. p. A9. 
  5. Schultz, F. L.; O'Doughda, L. (outubro de 1993). "An interview with Douglas Fairbanks, Jr.: "A Hell of a War"". Naval History 7 (3) (U.S. Naval Institute). [Ligazón morta]
  6. Unonius, Kristian Erik (2000). "Douglas Fairbanks, Jr.". Matinê (28). 
  7. WLASCHIN, Ken, The World's Great Movie Stars and Their Films, Londres, Inglaterra:Peerage Books, 1985
  8. Douglas Fairbanks Jr. en Find a Grave (en inglés)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]