Río Wouri
| Tipo | río curso de auga río principal | |||
|---|---|---|---|---|
| Inicio | ||||
| División administrativa | Rexión do Litoral, Camerún | |||
| Final | ||||
| Localización | Golfo de Biafra | |||
| ||||
| Afluentes | ||||
| Características | ||||
| Dimensións | 160 ( | |||
| Superficie da cunca hidrográfica | 11.700 km² | |||
O Wouri (tamén grafado Vouri ou Vuri) é un río do Camerún, que desemboca no océano Atlántico despois de percorrer 160 km.
Curso
[editar | editar a fonte]O Wouri está formado pola confluencia doutros dous ríos, o Ykam e o Makombé, que se xuntan 32 km ao nordeste da cidade de Yabassi. O Wouri flúe a partir de aí por 160 km, en dirección sueste, até formar o seu estuario á par da cidade de Douala, o porto máis importante e o principal centro industrial do Camerún, no suroeste do país, sobre o golfo de Guinea.
Navegabilidade
[editar | editar a fonte]O río é navegábel por 64 km, augas arriba, a contar desde Douala.
Exploración e nomes
[editar | editar a fonte]Cóidase que foi o explorador e navegante portugués Fernão do Pó, ou Fernando Poo, o primeiro europeo que se achegou ao estuario do río Wouri, arredor do ano 1472. El e os seus acompañantes notaron a abundancia de camarónss e langostíns que había no río, polo que o denominaron Rio dos Camarões, de aí procede, precisamente, o nome do país: Camerún.
A ponte Bonabéri
[editar | editar a fonte]Na década de 1950, durante o período colonial, os franceses construíron unha ponte sobre o Wouri, que ligaba a cidade de Douala coa de Bonabéri. Dita ponte tornouse nun dos eixos máis importantes para a economía do oeste camerunés, polo intenso tráfico que soporta. En 2004 a ponte sufriu importantes obras de rehabilitación.
