Don DeLillo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Don DeLillo
Don delillo nyc 02.jpg
Nacemento20 de novembro de 1936 (86 anos)
 Nova York
NacionalidadeEstados Unidos de América
Alma máterUniversidade Fordham e Cardinal Hayes High School
OcupaciónEscritor
MovementoPosmodernismo
XénerosNovela, conto, ensaio
Coñecido/a porRuído Branco, Libra, Mao II, Underworld e Cosmopolis
PremiosNational Book Award
Na rede
IMDB: nm1680347 Allmovie: p422362
Discogs: 5257606 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Don DeLillo, nado en Nova York o 20 de novembro de 1936 é un escritor estadounidense, coñecido polas súas novelas que retratan a vida do seu país a finais do século XX e principios do XXI. É considerado pola crítica especializada unha das figuras centrais do posmodernismo literario.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo dunha familia de inmigrantes italianos, DeLillo naceu no barrio do Bronx. A súa casa estaba habitada por once persoas e, como el mesmo lembra, pasaba "todo o tiempo na rúa";[1] conta tamén que a súa avoa, que viviu cincuenta anos nos Estados Unidos, nunca aprendeu o inglés.

Estudos na Universidade de Fordham, no Bronx, onde se graduou en 1958. Comezou a escribir nun traballo como garda de aparcadoiro e as súas referencias literarias iniciais foron James Joyce, William Faulkner, Ernest Hemingway e Flannery O'Connor.

DeLillo traballou cinco anos na axencia literaria Ogilvy & Mather. Publicou o seu primeiro relato en 1960, "The River Jordan", en Epoch, a revista literaria da Universidade Cornell. Empezou a escribir Americana, a súa primeira novela en 1966 e publicouna en 1971. Catro anos despois contraeu matrimonio con Barbara Bennett. Durante a década de 1970 viviu algúns anos en Grecia, onde escribiu The Names.

O recoñecemento como escritor chegoulle coa novela White Noise, publicada en 1985. A esta seguírona, entre outras, Libra (1988), Mao II (1991) e Underworld (1997). Despois de publicar esa novela produciuse un cambio sutil nas obras de DeLillo, que se volveron "máis breves e meditativas”, con “pontes que entroncaban coas artes visuais.[2]

Cosmopolis (2003) foi considerada “unha incisiva exploración dos danos morais post-11-S” e “converteuse nun texto profético que illou as correntes subterráneas que nos levaron ao presente colapso do sistema”.[3] David Cronenberg adaptaouna ao cinema en 2012.

En 2010 apareceu Point Omega, na que aborda o problema da guerra en Iraq e no ano seguinte saíu o seu primeiro libro de contos, The Angel Esmeralda, unha selección de nove relatos da vintena que publicou ao longo da súa vida.

Obra[editar | editar a fonte]

Novelas
Coleccións de contos
Relatos breves
Obras teatrais
Guións
Ensaios
  • "American Blood: A Journey through the Labyrinth of Dallas and JFK" (1983)
  • "Salman Rushdie Defense" (1994) (Coescrito con Paul Auster)
  • "The Artist Naked in a Cage" (1997)
  • "The Power of History" (1997)
  • "A History of the Writer Alone in a Room" (1999)
  • "In the Ruins of the Future" (2001)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Amend, Christoph; Diez, Georg (11 de outubro de 2007). Die Zeit, ed. "Don DeLillo: "I don't know America anymore"". Arquivado dende o orixinal o 15 de xaneiro de 2008. Consultado o 1 de setembro de 2012. 
  2. Lago, Eduardo (1 de setembro de 2012). "Cómo escribir con la mirada". Consultado o 1 de setembro de 2012. 
  3. Costa, Jordi (11 de outubro de 2012). El País, ed. "Capitalismo sin amor" (en castelán). Consultado o 11 de outubro de 2012. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]