J. G. Ballard
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 15 de novembro de 1930 Shanghai (República Popular da China) |
| Morte | 19 de abril de 2009 Londres, Reino Unido |
| Causa da morte | cancro de próstata |
| Lugar de sepultura | cemiterio de Kensal Green |
| Residencia | Shepperton |
| Relixión | Ateísmo |
| Educación | Universidade de Cambridge King's College The Leys School (en) |
| Actividade | |
| Ocupación | novelista, escritor, escritor de ciencia ficción |
| Período de actividade | 1951 |
| Influencias | |
| Obra | |
Obras destacables
| |
| Arquivos en | |
| Familia | |
| Fillos | Bea Ballard |
| Premios | |
| |
| Descrito pola fonte | UbuWeb |
James Graham Ballard, nado o 18 de novembro de 1930 e finado o 19 de abril de 2009,[1] foi un escritor británico de ficción científica. Un gran número dos seus escritos describen distopías. Ballard é coñecido pola súa ficción provocativa que explora as relacións entre a psicoloxía humana, a tecnoloxía, o sexo e os medios de comunicación de masas.[2]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Nace en Shanghai. Durante a segunda guerra mundial foi encerrado nun campo de concentración xaponés, experiencia que relataría na súa obra Empire of the Sun e que máis tarde levaría ao cine Steven Spielberg no filme O imperio do sol.
En 1946 a súa familia trasládase a Gran Bretaña e inicia estudos de medicina na Universidade de Cambridge, aínda que non os completará. Traballa como redactor nun xornal técnico e como porteiro do Covent Garden antes de incorporarse á RAF no Canadá, como piloto. Máis tarde traballaría como adxunto á dirección dunha revista científica.
Os seus primeiros contos datan de 1956 e nos anos 60 convértese nun dos autores de referencia da chamada Nova onda (en inglés: New Wave) da ficción científica inglesa.[3]
Publicacións
[editar | editar a fonte]Novelas
[editar | editar a fonte]- The Wind from Nowhere (1961)
- The Drowned World (1962)
- The Burning World (1964)
- The Crystal World (1966)
- The Atrocity Exhibition (1970)
- Crash (1973)
- Concrete Island (1974)
- High-Rise (1975)
- The Unlimited Dream Company (1979)
- Hello America (1981)
- Empire of the Sun (1984)
- The Day of Creation (1987)
- Running Wild (1988)
- The Kindness of Women (1991)
- Rushing to Paradise (1994)
- Cocaine Nights (1996)
- Super-Cannes (2000)
- Millennium People (2003)
- Kingdom Come (2006)
Contos
[editar | editar a fonte]- The Voices of Time and Other Stories (1962)
- Billennium (1962)
- Passport to Eternity (1963)
- The 4-Dimensional Nightmare (1963)
- The Terminal Beach (1964)
- The Impossible Man (1966)
- The Overloaded Man (1967)
- The Disaster Area (1967)
- The Day of Forever (1967)
- Vermilion Sands (1971)
- Chronopolis and Other Stories (1971)
- Low-Flying Aircraft and Other Stories (1976)
- The Best of J. G. Ballard (1977)
- The Best Short Stories of J. G. Ballard (1978)
- The Venus Hunters (1980)
- Myths of the Near Future (1982)
- The Voices of Time (1985)
- Memories of the Space Age (1988)
- War Fever (1990)
- The Complete Short Stories of J. G. Ballard (2001)
- The Complete Short Stories of J. G. Ballard: Volume 1 (2006)
- The Complete Short Stories of J. G. Ballard: Volume 2 (2006)
- The Complete Stories of J. G. Ballard (2009)
Non ficción
[editar | editar a fonte]- A User's Guide to the Millennium: Essays and Reviews (1996)
- Miracles of Life (2008)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Jones 2008, pp. 18-20.
- ↑ Dibbell 1989.
- ↑ Castro Vilalta 2008, p. 172.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Castro Vilalta, Natalia (2008). "Ciencia, tecnología y sociedad en la literatura de ciencia ficción". Revista Iberoamericana de Ciencia, Tecnología y Sociedad (en castelán) 4 (11): 165–177.
- Dibbell, Julian (1989). "Weird Science". Spin Magazine (en inglés).
- Jones, Thomas (2008). "Whisky and Soda Man". London Review of Books (en inglés) 30 (7).