Saltar ao contido

Domingo Batet

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaDomingo Batet

(1931) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Domingo Batet Mestres Editar o valor en Wikidata
30 de agosto de 1872 Editar o valor en Wikidata
Tarragona, España Editar o valor en Wikidata
Morte18 de febreiro de 1937 Editar o valor en Wikidata (64 anos)
Burgos, España Editar o valor en Wikidata
Causa da morteferida por arma de fogo Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCementiri de Tarragona (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Comandante en xefe da VI División Orgánica
24 de xuño de 1936 – 19 de xullo de 1936
← Pedro de la Cerda y López-Mollinedo (en) TraducirEmilio Mola →
Xefe da Casa Militar do Presidente da República
29 de marzo de 1934 – 18 de marzo de 1936
← Leopoldo Ruiz TrilloCarlos Masquelet →
Comandante en xefe da IV División Orgánica
17 de xuño de 1931 – marzo de 1935
← Eduardo López Ochoa (en) TraducirJosé Sánchez-Ocaña Beltrán (pt) Traducir → Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmilitar Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1887 Editar o valor en Wikidata -
Carreira militar
LealdadeRestauración borbónica en España e Segunda República Española Editar o valor en Wikidata
Rama militarInfantry Forces of the Spanish Army (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Rango militargeneral de división (pt) Traducir (1932–) Editar o valor en Wikidata
ConflitoGuerra de Independencia cubana
guerra civil española
Guerra do Rif Editar o valor en Wikidata
Participou en
24 de xuño de 1926Sanjuanada Editar o valor en Wikidata
Premios

BNE: XX849391

Domingo Batet Mestres, nado en Tarragona o 30 de agosto de 1872[1] e finado en Burgos o 18 de febreiro de 1937, foi un militar español, xeneral de división do Exército de Terra. Desempeñou un papel moi destacado no fracaso da insurrección da Generalitat o 6 de outubro de 1934. Tras negarse a secundar o Golpe de estado de xullo de 1936 en Burgos, foi condenado por un tribunal militar e fusilado polo Bando sublevado.[2]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Carreira militar

[editar | editar a fonte]

Ingresou na Academia Xeral militar de Toledo en 1887.[3] En 1895 partiu como tenente voluntario á Guerra de Cuba (1895-1898),[4] onde ao ano seguinte, tras participar en máis de corenta accións bélicas con vinte e unha mencións especiais,[5] foi ascendido a capitán por méritos de guerra.[6] En 1897 volveu a España, continuando os estudos militares. En 1909, foi ascendido a comandante,[7] en 1919 a coronel[8] e en 1925, a xeneral de brigada[9] e destinado a Alacant, e posteriormente a Tarragona, a súa cidade natal.[10]

Expediente Picasso

[editar | editar a fonte]

No 1922, xunto con outro coronel e 3 tenente coroneis, foi nomeado xuíz dos procedementos motivados polo denominado expediente Picasso tras o chamado Desastre de Annual;[11] porén, intentou dimitir do cargo[2] por pensar que os feitos debían seren xulgados por xuíces do corpo militar do exército,[10][12] pois entendía que esa ausencia podería ser causa de nulidade de todo o proceso.

Durante a súa estancia en Melilla, observa a penosa situación moral e o comportamento de gran parte dos mandos e chega a escribir un amplo informe no que reproduce abusos e feitos delictivos e no que se queixa da escasa colaboración do Alto Comisariado para reunir a información para o chamado expediente Picasso.[13] No seu informe, denuncia a varios altos mandos do exército español en Marrocos, como o coronel Riquelme ou o coronel Salcedo e, igualmente, outros altos mandos como Franco[14] ou Millán Astray non quedaron moi ben parados e dos que chega a dicir:

O comandante do Tercio, Franco, tan traído e levado pola súa valentía, ten pouco de soldado, non sente satisfacción de estar cos seus soldados, xa que pasou catro meses na praza para curar unha enfermidade voluntaria, que ben puidera curarse no campo, explotando de xeito vergoñento e descarado unha enfermidade que non lle impedía estar todo o día en bares e círculos. Un oficial coma este, que pide a Laureada e non lla conceden, onde con tanta facilidade se ten dada, porque só cumpriu o seu deber, xa está cualificado militarmente.[15]
Compárense estes comportamentos cos do teatral e paiaso Millán, que treme cando escoita o asubío das balas e fuxe do seu posto (o coronel Serrano Oribe do 60 e o Xeneral Berenguer Dn. Federico poden dar fe diso, se queren estar ben co seu honor e coa súa conciencia) e explota do xeito máis inicuo unah ferida que en calquera outro sería leve e por condescendencia do médico convértese en grave e cústalle ao Estado 9.135,00 pesetastos. O comandante Sánchez Recio pode falar disto, xa que foi testemuña presencial de escenas verdadeiramente cómicas.[16]

Ditadura de Primo de Rivera

[editar | editar a fonte]

Ao se producir o golpe de Estado, Batet estaba ao mando un rexemento en Huesca[17] e, nos primeiros momentos da ditadura de Primo de Rivera, aceptou o novo réxime ostentando diversos cargos e realizando diferentes servizos, como dirixindo a Escola Central de Tir ou traballando, nela, nos cursos preparatorios para oficiais, ou formando part da comisión para escoller o fusil ametrallador regulamentario do exército.[18] Con todo, en 1926 foi detido e procesado acusado de complicidade no intento de alzamento militar contra a ditadura coñecido como a Sanjuanada,[10] mais o Consello Superior de Guerra absolveuno.[2][10]

Segunda República

[editar | editar a fonte]

Ao ser proclamada en 1931 a República, atopábase destinado en Mallorca. En xullo de 1931 substituíu o xeneral López Ochoa como capitán xeneral de Cataluña e xeneral en xefe da IV División Orgánica en Barcelona,[10] cando este foi relevado por discrepancias co ministro da Guerra, Manuel Azaña. Durante a súa permanencia neste destino distinguiuse polo seu acatamento da autoridade civil, o respecto ao réxime autonómico catalán e a prudencia con que actuou nas tensións entre algúns sectores militares e a nova administración autonómica.

Domingo Batet en Tortosa (Mundo Gráfico, nº 1049, 8 de decembro de 1931).

Ao producirse a insurrección da Generalitat o 6 de outubro de 1934, Lluís Companys cominouno a que se puxese ás ordes da Generalitat. Con todo, Batet púxose en contacto co presidente do Goberno Lerroux, quen lle ordenou que declarase o estado de guerra. Tras diferentes disturbios co resultado de tres mortes, o exército, comandado por Batet tomou a praza de San Jaume. O xeneral parlamentou con Enric Pérez Farrás, á cabeza dos Mossos d'Esquadra, para que abandonasen as armas. Aquel non se rendeu e os Mossos comezaron a disparar contra as tropas, producindo varías mortes e feridos. Daquela, os canóns do exército dispararon contra o palacio da Generalitat de Cataluña. Tras cinco horas, os insurrectos comandados polo coronel Frederic Escofet rendéronse e foron feitos prisioneiros.

A pesar dos combates, considérase que conseguiu dominar a situación co mínimo de destrución e violencia,[2] actitude que lle valeu ataques de ambos os bandos:[10] da dereita e dalgúns sectores militares por unha banda e dos insurrectos por outro (durante a guerra, a familia de Batet, profundamente católica, sufriu persecución, ata que por intermediación de Josep Tarradellas, amigo de Batet, puido fuxir a Francia).[14] Pola súa participación na restauración da orde obtivo a Cruz Laureada de San Fernando.

En marzo de 1935, Batet foi nomeado Xefe do Cuarto Militar do Presidente da República, Niceto Alcalá-Zamora. O 13 de xuño de 1936 cesou, a petición propia e foi designado xeral en xefe de VI División Orgánica de Burgos.[19]

Guerra civil española

[editar | editar a fonte]

Durante os preparativos da sublevación levados a cabo por diversos sectores militares, tomou unha postura contraria e o 16 de xullo de 1936 entrevistouse por propia iniciativa, no mosteiro de Irache, co seu subordinado, amigo e un dos principais conspiradores, o xeneral Emilio Mola, comandante militar de Pamplona. Alí tratou de pescudar si Mola estaba implicado na conspiración e mesmo chegou a pedirlle a súa palabra de honra de que non participaría na sublevación que Mola, efectivamente, lle deu.[20] Crendo na palabra de Mola, o 18 de xullo Batet non accedeu á petición do coronel Moreno Calderón, o seu xefe de Estado Maior (e posterior integrante da Xunta de Defensa Nacional), de porse á fronte da sublevación da súa División Orgánica. Por iso, na noite do día 18, foi detido[21] polos seus subordinados, o tenente coronel José Aizpuru Martín-Pinillos e o comandante Antonio Algar Quintana.

Condenado á morte en consello de guerra —presidido polo xeneral Ángel García Benítez—, foi fusilado o 18 de febreiro de 1937. Malia as xestións que no seu favor levaron a cabo os xenerais Queipo de Llano e Cabanellas,[22] Franco fixo caso omiso das peticións de Queipo de Llano en favor do seu amigo Batet, en vinganza pola negativa de Queipo a perdoar a vida do xeneral Campins.[23] Cómpre indicar que tivo que ser condenado a dúas penas de morte, dado que se fose só unha podería ser indultado, pero con dúas, non.[14]

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Casou o 15 de abril de 1901 con Elvira Martínez de Larrea, unha rapaza de Vitoria, moi católica e con familia vencellada a varios xesuítas vascos.[24] Tivo dous fillos: Domingo (nado en 1903 ou 1904) e Elvira (1910). O fillo, afiliouse a Falange e a diversos grupos anticatalanistas.[25]

  1. Raguer Suñer (1994), p. 21
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 Mestre i Campi 1998, p. 111
  3. Raguer Suñer (1994), p. 30
  4. Raguer Suñer (1994), p. 32
  5. Raguer Suñer (1994), p. 36
  6. Raguer Suñer (1994), p. 37
  7. Raguer Suñer (1994), p. 52
  8. Raguer Suñer (1994), p. 56
  9. Raguer Suñer (1994), p. 94
  10. 10,0 10,1 10,2 10,3 10,4 10,5 "Domènec Batet i Mestres". enciclopedia.cat (en catalán). Consultado o 16 de agosto de 2023. 
  11. Raguer Suñer (1994), p. 62
  12. Raguer Suñer (1994), p. 63
  13. Raguer Suñer (1994), p. 64
  14. 14,0 14,1 14,2 Domingo, Xavier (9 de marzo de 2007). "Las juergas marroquíes de Franco". elmundo.es (en castelán). Archived from the original on 09 de marzo de 2007. Consultado o 8 de agosto de 2023. 
  15. Raguer Suñer (1994), p. 64
  16. Raguer Suñer (1994), p. 65
  17. Raguer Suñer (1994), p. 86
  18. Raguer Suñer (1994), p. 93
  19. Gaceta de Madrid: Diario Oficial de la República núm. 166, del 14 de junio de 1936
  20. Jackson 1985, p. 214
  21. Payne (1968), p. 301
  22. Cabanellas (1977), p. 415
  23. Preston 1999, p. 212
  24. Raguer Suñer (1994), p. 49
  25. Raguer Suñer (1994), p. 50

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Angulo, Enrique de (2005). Diez horas de ESTAT CATALÀ. La insurrección separatista de Esquerra Republicana (en castelán). Madrid: Editorial Encuentro. ISBN 9788474905229. 
  • Cabanellas, Guillermo (1977). Cuatro generales (en castelán). II (La lucha por el poder). Barcelona: Editorial Planeta. ISBN 9788432056260. 
  • Castillo Durán, Fernando del (2006). El sable torcido del General (en castelán). Barcelona: Inervención cultural. ISBN 9788496356757. 
  • Jackson, Gabriel (1985). La República española y la guerra civil (1931-1939) (en castelán). Barcelona: Editorial Orbis. ISBN 84-7530-947-X. 
  • Mestre i Campi, Jesús (Dir.), ed. (1998). "Batet i Mestres, Domènec". Diccionari d'Història de Catalunya (en catalán). Barcelona: Edicions 62. ISBN 84-297-3521-6. 
  • Payne, Stanley G. (1968). Los militares y la política en la España contemporánea. Colección: España contemporánea (en castelán). París: Ruedo Ibérico. 
  • Preston, Paul (1999). Franco «Caudillo de España» (en castelán). Barcelona: Editorial Grijalbo. ISBN 978-84-397-0241-2. 
  • Raguer Suñer, Hilario M. (1994). El general Batet. Colección: Biblioteca "Abat Oliba", nº 138 (en catalán). Barcelona: L'Abadia de Montserrat. ISBN 9788478265275. 

Outros artigos

[editar | editar a fonte]