Carlos Masquelet

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Carlos Masquelet
Nacemento14 de xullo de 1871
Lugar de nacementoFerrol
Falecemento1948
Lugar de falecementoLa Jonquera
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónmilitar e político
PremiosGran Cruz de la Orden de San Hermenegildo
editar datos en Wikidata ]

Carlos Masquelet Lacaci nado en Ferrol o 14 de xullo de 1871[1][2] e finado en La Jonquera (provincia de Xirona) en 1948, foi un enxeñeiro militar galego. Masón de ideoloxía republicano-liberal,[3] foi Xeneral de División do Ministerio de Defensa durante a Segunda República Española.[4]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi alumno na Academia Xeral Militar de Toledo en 1886 e membro do Corpo de Enxeñeiros do Exército. Estivo en campañas militares en Marrocos. Durante a ditadura de Primo de Rivera, foi nomeado profesor da Academia Militar de Enxeñeiros e posteriormente foi destinado como profesor á Escola de Maquinistas da Armada Española en Ferrol. Xunto con Rodolfo Ucha, en 1895, foi membro da Xunta de asesoramento de obras do Hospital Xeral, presidida por Montero Subiela.

Foi autor do proxecto de ampliación e modernización da Base Naval de Ferrol, nos anos 1920.[2] Ascendeu a Xeneral de Brigada en outubro de 1930. Manuel Azaña nomeouno Xefe do Estado Maior Central. Foi ministro da Guerra do 3 de abril ao 6 de maio de 1935.[5][6] En 1936 volveu ser nomeado ministro da Guerra, do 19 de febreiro ao 13 de maio de 1936.[7][8]

Das primeiras autoridades en fortificacións militares, deseñou a fronte defensiva de Madrid durante a Guerra Civil Española. Ao inicio da Guerra Civil fortificou Madrid, deseñou e realizou o plan xeral da fronte defensiva da cidade baseado nunha xeira de fortíns, distribuídos en catro aneis que rodeaban a capital, nas localidades de Aravaca, Pinto, Pozuelo de Alarcón, Dehesa de la Villa e Monte del Pardo. A formulación foi controvertida polo seu deseño e utilidade. As obras foron feitas por persoal civil voluntario, motivado e dirixido por forzas sindicais principalmente. Tentando adaptarse á topografía do terreo. Construíron trincheiras e fortificacións tipo búnker de formigón armado e cantería. Varias destas fortificacións aínda se conservan en bo estado na capital madrileña.

O 19 de xullo de 1937 Carlos Masquelet pasou á reserva coma Xeneral de División. Ao finalizar a Guerra Civil Española exiliouse en Francia.[3] Anos despois regresou a España. Faleceu en La Jonquera en 1948.

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

  • Gran Cruz da Real Orde de San Hermenegildo

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Fernández 1988, p. 196.
  2. 2,0 2,1 Zaragoza 1983, p. 275.
  3. 3,0 3,1 Alpert 2013, p. 342.
  4. Carlos Masquelet Lacaci, artigo en Juan José Burgoa en Diario de Ferrol, 18 de febreiro de 2018 (en castelán).
  5. Urquijo Goitia 2008, p. 123.
  6. Thomas 1976, p. 116.
  7. Urquijo Goitia 2008, pp. 126-127.
  8. Thomas 1976, p. 196.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Predecesor:
Manuel Goded Llopis
(ata 1932)
Xefe do Estado Maior Central do Exército

17 de febreiro de 1933 - 19 de maio de 1935
Sucesor:
Francisco Franco Bahamonde
Predecesor:
Alejandro Lerroux
Ministro de Guerra

3 de abril - 6 de maio de 1935
Sucesor:
José María Gil-Robles
Predecesor:
Nicolás Molero Lobo
Ministro de Guerra

19 de febreiro - 13 de maio de 1936
Sucesor:
Santiago Casares Quiroga