Frederic Escofet

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Frederic Escofet
Frederic Escofet i Alsina.jpg
Nacemento 12 de xullo de 1898
  Barcelona
Falecemento 27 de marzo de 1987
  Barcelona
Nacionalidade España
Ocupación escritor e militar
editar datos en Wikidata ]

Frederic Escofet i Alsina[1], nado en 1898 en Barcelona e finado o 27 de marzo de 1987, foi un militar catalán ao servizo de Generalitat de Cataluña antes e durante a guerra civil española.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Militar de carreira desde 1919, sería oficial voluntario en Marrocos desde 1920 a 1923.

O 26 de xuño de 1936 o Presidente da Generalitat, Lluís Companys elíxeo xefe dos Mossos d'Esquadra (policía autónoma catalá), policía na que Escofet ingresara en 1930, acabada a ditadura de Primo de Rivera, como Comisario Xeral de Orde Pública, por consideralo un home leal ante a inminencia do golpe de estado do exército. O fracaso dos feitos do 6 de outubro de 1934, coa proclamación do Estado Catalán, servira para avaliar o perigo dos insurrectos, e poder preparar accións que van abortar a insurrección en Barcelona en xullo do 1936. G Despois da guerra civil vai exiliarse en Bélxica, logo regresaría a Barcelona, onde morre en 1987.

Escofet é unha das testemuñas que declaran sobre a guerra civil no filme de Jaime Camino "La vieja memoria".

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Tamén utilizou a forma castelá Federico Escofet Alsina