Disolventes volátiles (inhalantes)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Os disolventes volátiles son unhas substancias inhalantes líquidas que se vaporizan a temperaturas ambientais. Atópanse nunha variedade de produtos económicos e fáciles de obter, de uso común doméstico e industrial.

Características[editar | editar a fonte]

Os disolventes volátiles pódense atopar en diferentes produtos industriais. A clasificación química dos inhalantes é: colas, pegamentos, pinturas, vernices, lacas, quitamanchas, quitaesmaltes, gasolinas, anestésicos, disolventes, desodorizantes, aerosois, deterxentes, tinturas, vasodilatadores. En ocasións estas substancias empréganse para fins distintos do previsto orixinalmente, xa que se usan como drogas que se consomen nifrándoas ou quentándoas.

  • Os disolventes son elementos químicos baseados no carbono. Producen efectos similares os do alcohol e os anestésicos. Algúns destes produtos son os pegamentos, fluídos de limpeza etc.
  • Os aerosois son substancias con diferentes aplicacións industriais ou domesticas que son utilizadas abusivamente como drogas. Poden ser pinturas, pegamentos, colas etc. que producen exaltación do humor e alucinacións de variadas duracións.
  • Os gases son produtos caseiros ou comerciais, como o butano e os gases refrixerantes. Os anestésicos de uso médico son o éter, o cloroformo, o holonato e o óxido nitroso.
  • Os nitritos son drogas que producen unha vasodilatación sobre a parede vascular e teñen o máximo efecto sobre o territorio venoso. Son o nitrito alifático, o nitrito de ciclohexilo, o nitrito de amilo etc.

Historia[editar | editar a fonte]

Na Grecia antiga, a Sacerdotisa do Oráculo de Delfos adoitaba inhalar gases (probablemente anhídrido carbónico) dende as fendas das rochas, para ter as súas "visións" e realizar as súas profecías. Tamén foi común inhalar os vapores de perfumes, pocións e especias queimadas como parte das súas cerimonias relixiosas. O gas hilarante (oxido nitroso) que se fabricou a finais do século XIX, rapidamente utilizouse como droga recreativa debido ós seus efectos eufóricos. Máis tarde usouse cloroformo e éter para producir intoxicación.

Danos á saúde[editar | editar a fonte]

Aviso médico
Aviso médico
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos.
Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.

Efectos[editar | editar a fonte]

Aínda que a súa composición varía, na maioría dos casos o abuso de inhalantes produce efectos a curto prazo similares a dos anestésicos, diminuíndo as funcións do corpo. Cando se inhalan a través do nariz ou a boca e pasa aos pulmóns en cantidade suficiente, os inhalantes poden causar efectos intoxicantes. A intoxicación usualmente só dura uns minutos. Así e todo, ás veces os usuarios prolongan este efecto por varias horas, ó respirar os inhalantes repetidamente. Ao principio pódense sentir pouco estimulados, pero con inhalacións sucesivas pódense sentir menos inhibidos e con menos control e, se o uso continúa, poden perder o sentido.

Patoloxías[editar | editar a fonte]

A aspiración de cantidades moi concentradas das substancias químicas nos disolventes ou nos aerosois pode inducir nun fallo cardíaco e a morte aos poucos minutos dunha sesión de uso prolongado. Esta síndrome, coñecida como "morte súbita por inhalación", pode resultar dunha soa sesión do uso de inhalantes por unha persoa nova. A morte súbita por inhalación está particularmente asociada co abuso do butano, do propano e dos químicos nos aerosois. As concentracións altas de inhalantes tamén poden causar a morte por asfixia ao desprazar o osíxeno dos pulmóns e, a continuación, do sistema nervioso central, de maneira que se detén a respiración. Cando se inhala deliberadamente dunha bolsa ou nunha área cerrada, auméntase enormemente a probabilidade de asfixia.

Moitas mortes polo abuso de disolvente poderían previrse se os individuos fosen resucitados rapidamente cando deixan de respirar e se se deixa o conduto do aire libre cando vomitan. Porén, moitos abusos no consumo dos inhalantes teñen lugar cando a xente inhala disolventes por eles mesmos ou en grupos de xente que tamén está intoxicada. Certos disolventes supoñen máis riscos debidos ao azar, como a gasolina ou os gases refrixerantes.

A hipoxia pode acontecer cando os usuarios de inhalantes se poñen unha bolsa de plástico sobre a súa faciana, co cal eles non poden respirar suficiente aire fresco. Emporiso, algúns inhalantes son máis densos que os gases do aire ou vapores, e, se unha respiración regular non se mantén, poderían quedar restos nos pulmóns en lugar do aire que é naturalmente expelido. Ademais algúns disolventes son altamente inflamables (exemplo: gasolina, disolventes de pintura etc.) e algúns usuarios sufriron queimaduras ou a morte durante o consumo ao producirse lume.

O uso de inhalantes pode producir trastornos gastrointestinais (náuseas, vómitos...), trastornos renais e hepáticos, arritmias, alteracións respiratorias (bronquite crónica, edema pulmonar...), conxuntivite crónica, morte súbita por fallo cardíaco, morte por aspiración de vómitos, morte por arritmia ventricular. A nivel psicolóxico aparición de alucinacións visuais, irritabilidade, diminución da concentración, deterioración do rendemento e absentismo escolar.

Aínda cando se empregan aerosois ou produtos volátiles para os usos lexítimos (por exemplo, a pintura ou a limpeza), aconsellase que se faga nun cuarto ben ventilado ou no exterior.

Secuelas[editar | editar a fonte]

O uso destes inhalantes pode causar problemas no cerebro, fígado, nos nervios e outros danos no corpo. A morte por abuso dos disolventes ocorre polo miúdo pola aspiración do vómito mentres a persoa está inconsciente, o pola combinación dunha depresión respiratoria e hipoxia; a segunda causa é especialmente arriscada con vapores de butano ou gasolina.

O abuso crónico dos disolventes pode causar danos serios de larga duración no cerebro, no fígado e nos riles. Algúns dos efectos daniños e irreversibles que poden resultar do abuso de disolventes específicos son perda de audición, neuropatías periféricas ou espasmos das extremidades, dano ao sistema nervioso central ou ao cerebro e dano á medula ósea. Os efectos graves pero posiblemente reversibles son dano ao fígado e ós riles e o esgotamento de osíxeno no sangue.

As mulleres embarazadas que empregan inhalantes poden sufrir graves danos no feto. O bebé podería ser máis pequeno ou precisar coidados sanitarios adicionais. Existen evidencias de bebes nacidos con defectos e incapacidades de mulleres que nifraran gasolina. Manexar o coche mentres se está consumindo inhalantes causa trastornos na condución similares ós do alcohol.

Adicción[editar | editar a fonte]

O uso inicial de inhalantes a miúdo comeza a unha idade temperán. Algúns mozos poden usalos como un substituto do alcohol fácil de obter. As investigacións suxiren que as persoas que abusan dos inhalantes cronicamente, ou por períodos prolongados, están entre os toxicómanos máis difíciles de tratar. Moitos sofren de deterioración cognitivo e doutras disfuncións neurolóxicas e poden padecer de diversos problemas psicolóxicos e sociais.

Os inhalantes poden ser moi adictivos. Os adolescentes que os usan pódense volver psicoloxicamente dependentes deles para sentirse ben e para enfrontarse á vida e ao estrés. No consumo de inhalantes hai o perigo da sobredose, que ocorre rapidamente e case sen advertilo, polo que se converte nun dos perigos máis serios dos inhalantes.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre química é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.