Destino (revista)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Destino
PaísEspaña
Lugar de publicaciónBurgos e Barcelona
Lingualingua castelá
Fundación1937
Circulación
ISSN0011-9563
Na rede
http://www.bnc.cat/digital/destino/index.html e http://www.bnc.cat/digital/arca/index.php?fname=titols/destino.html
editar datos en Wikidata ]

Destino foi unha revista semanal creada en Burgos en maio de 1937, por Xavier de Salas e José María Fontana Tarrats. Serviu como órgano de expresión para a intelectualidade catalá refuxiada na «zona nacional» durante a guerra civil española. O nome da publicación fai referencia á frase de José Antonio Primo de Rivera «España, unidad de destino en lo universal».

Historia[editar | editar a fonte]

Trala fin da guerra a edición da revista foi levada a Barcelona por Josep Vergés e Ignacio Agustí, co apoio de Juan Ramón Masoliver. A comezos de 1940 incorporouse Josep Pla, e nes segunda etapa a revista converteuse nun referente liberal, catalanista e democrático, sorteando as dificultades que supuña a censura franquista. En 1967 foi perseguida e clausurada por orde de Manuel Fraga, ministro de gobernación. En 1975 foi mercada por Jordi Pujol, e con este carácter seguiu durante a Transición española, até o seu peche en 1980.

Nela publicaron escritores e intelectuais da chamada «terceira España» posibilista, non exiliada pero tampouco franquista, como Jaume Vicens Vives, Álvaro Ruibal, Augusto Assía, Azorín, Néstor Luján, Santiago Nadal, César González-Ruano, Joan Estelrich, Sebastià Gasch, Manuel del Arco, Manuel Brunet, Joan Teixidor, Antonio Vilanova, Juan Eduardo Cirlot, Sempronio, Josep Maria de Sagarra, Gaspar Sabater, Enrique Badosa, Camilo José Cela, José Jiménez Lozano, Carles Soldevila, Miguel Delibes, Joan Fuster, Ana María Matute, Joan Perucho, Álvaro Cunqueiro, Baltasar Porcel, Manuel Jiménez de Parga, Juan Goytisolo, Josep Melià, Pere Gimferrer, Eugenio Trías, Pedro J. Ramírez ou Francisco Umbral.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • La crónica de Destino. Antología del semanario publicado entre 1937 y 1980 (2 volúmenes), Ediciones Destino, Barcelona, 2004.
  • "Un país tan desgraciat, memòria compartida amb l'editor de Destino" por Josep C. Vergés, sd edicions, Barcelona, 2008.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]