Álvaro Ruibal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaÁlvaro Ruibal
Biografía
Nacemento22 de xuño de 1910 Editar o valor em Wikidata
Santiago de Compostela, España Editar o valor em Wikidata
Morte15 de xaneiro de 1999 Editar o valor em Wikidata (88 anos)
Barcelona, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata


Álvaro Ruibal Carballal, nado en Santiago de Compostela o 22 de xuño de 1910 e finado en Barcelona o 15 de xaneiro de 1999, foi un xornalista galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

A súa nai era natural de Santiago de Compostela e o seu pai de Pontevedra. Foi a Madrid a estudar Arquitectura e ciencias exactas mais sen vocación científica. Comezou axiña a publicar os seus primeiros artigos en El Sol, dentro da sección literaria que dirixía Juan Ramón Jiménez. Na universidade foi alumno de xeometría de Faustino Archilla, e indistintamente ás de Ortega e Morente.

En Madrid alternou as súas visitas á tertulia do café Pombo cunha intensa convivencia con boxeadores e ciclistas.[1] Entre os seus moi diversas relacións, estiveron, por exemplo Emil Ludwig, o boxeador ‘Kid Chocolate’, Rafael Vázquez Zamora, Emiliano Igrexas Ambrosio ou Fernando de la Cuadra Salcedo.[2]

A comezos da década de 1940 instalouse en Barcelona, onde entra na redacción do diario La Vanguardia, contratado por Luis de Galinsoga, e chegaría a dirixir a revista Destino. Nese período da súa vida tamén foi correspondente de El Compostelano, o Faro de Vigo, El Correo Gallego, La Noche, El Ideal Gallego, Gaceta Ilustrada, El Ciervo, Jano, e outras publicacións.[3]

En Barcelona, onde casou cunha muller catalá, centrou a súa actividade en La Vanguardia asinando con varios nomes, o seu propio, AR e Zaguero (crónicas deportivas do fútbol de terceira división), e co pseudónimo de Ero a columna diaria “La calle y su mundo”, desde o 28 de xaneiro de 1962 até o 16 de xaneiro de 1999, que aparecería un día despois da súa morte.[4]

Obra[editar | editar a fonte]

Amais da súa extensa obra xornalística, escribiu tres libros de viaxes: Los pueblos y las sombras (Planeta, 1972), El tiempo retenido (Plaza y Janés, 1974) e León (Destino, 1982). Unha pequena parte da súa obra está recompilada en Ida y vuelta a Lérida, con prólogo de Juan Manuel Nadal, (Publicacions del Caliu, 1999), Viveiro y A Mariña, con prólogo de José Luís Varela, (A.C.Estabañón, 2010) e Gente de paso, con prólogo de Lluís Permanyer (Sotelo Branco Edicións, 2014).

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Memorias: mi medio siglo se confiesa a medias (en español). Renacimiento. ISBN 9788484721512. 
  2. "El periodismo ha cambiado calidad por inmediatez". ...personajes de gran grosor intelectual: un Álvaro Ruibal, los hermanos Santiago y Carlos Nadal... 
  3. "Álvaro Ruibal". 
  4. "Un periodista en París". La Vanguardia.