Saltar ao contido

Desoxiadenosina trifosfato

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Desoxiadenosina trifosfato[1]
Identificadores
Número CAS 2793-06-8
PubChem 620
MeSH Deoxyadenosine+diphosphate
Imaxes 3D Jmol Image 1
Propiedades
Fórmula molecular C10H15N5O9P2
Masa molecular 411,201722

Se non se indica outra cousa, os datos están tomados en condicións estándar de 25 °C e 100 kPa.
Desoxiadenosina trifosfato sen ionizar.

A desoxiadenosina trifosfato ou trifosfato de desoxiadenosina, abreviado como dATP, é un nucleósido trifosfato formado polo nucleósido desoxiadenosina esterificado cun grupo de tres fosfatos. A molécula está formada polo azucre desoxirribosa enlazada coa base nitroxenada adenina por enlace N-glicosídico entre o carbono 1' do azucre e o nitróxeno en posición 9 da base, e un grupo de tres fosfatos esterificado no carbono 5' cos fosfatos unidos entre si por enlace anhidro.

A dATP intervén na síntese do ADN. O dATP chega á zona onde se está producindo a replicación do ADN, perde dous fosfatos en forma de pirofosfato, e únese á cadea de ADN en formación como dAMP.

A dATP orixínase por fosforilación do dADP cun fosfato cedido polo GTP en reacción catalizada por unha nucleósido difosfoquinase [2].

GTP + dADP GDP + dATP

Ou tamén do ATP en reaccións como esta:

ATP + dADP ADP + dATP
  1. dADP - Compound Summary, PubChem.
  2. Lehninger A. Principios de Bioquímica. (1988). Omega. Barcelona. Páxina 390. ISBN 84-282-0738-0