Dendragapus fuliginosus

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Dendragapus fuliginosus
Macho exhibínose na parada nupcial
Macho exhibínose na parada nupcial

Femia
Femia

Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Aves
Orde: Galliformes
Familia: Phasianidae
Subfamilia: Tetraoninae
Xénero: Dendragapus
Especie: D. fuliginosus
Nome binomial
Dendragapus fuliginosus
(Ridgway, 1873)
Área de distribución de Dendragapus fuliginosus

Área de distribución de Dendragapus fuliginosus
Subespecies
Véxase o texto
Sinonimia
Véxase o texto

Dendragapus fuliginosus é unha especie de ave da orde dos galiformes, familia dos fasiánidos e subfamilia dos tetraoninos, unha das dúas que integran o xénero Dendragapus.

É un tetraonino de tamaño mediano, propio das rexións próximas á costa do Pacífico desde a Columbia Británica (Canadá) aos Estados Unidos, até California, moi semellante ao seu conxénere Dendragapus obscurus.

Características[editar | editar a fonte]

Moi semellante e estreitamente relacionado filoxeneticamente con Dendragapus obscurus), antigamente ambas as especies foron consideradas como conespecíficas,[2][3][4] pero na actualidade recoñécense como especies independentes,[5] e desde 2006 a American Ornithologists' Union volveunas considerer como independentes.[6]

A plumaxe dos machos adultos é predominantemente escura, e a súa cola é longa, de forma cuadrangular, e de cor gris na súa porción distal. Os machos presentan unha bolsa de aire amarela na garganta, rodeada de plumas brancas, e unha carúncula amarela sobre o ollo, visíbeis durante a exhibición nupcial. As plumaxe das femias adultas é apencada, con plumas castañas con marcas brancas e castaño escuras nas partes ventrais.[3]

Distribución e hábitat[editar | editar a fonte]

Esta pita do monte ten unha ampla (e estreita) área de distribución, que se estende desde polas rexións montañosas, próximas ao Pacífico, do oeste de América do Norte, desde o sudeste de Alasca e o sur de Yukón até California. Encóntrase nunha variedade de hábitats de bosques perennifolios de piñeiros e abetos e mixtos, desde o nivel do mar ate os 3 600 m de altitude, cerca do límite das árbores. As súas poboaciónes aparentemente flutúan máis marcadamente que as poboacións, situadas máis ao interior, de D. fuliginosus, debido a perturbacións estacionais do seu hábitat.[1][3][7]

Bioloxía[editar | editar a fonte]

Estas aves on residentes permanentes, pero poden desprazarse a curtas distancias camiñando ou con voos curtos cara a áreas con bosques máis densos en inverno, co extraño hábito de moverse cara a altitudes maiores no inverno.[2]

Aliméntanse no solo, ou nas árbores en inverno. Nesta estación comen principalmente acículas de abetos e de Pseudotsuga taxifolia (abeto de Douglas) e, ocasionalmente, tamén acículas de Tsuga sp. e de Pinus sp. En verán son máis importantes outras plantas (Pteridium, Salix), bagas (Gaultheria, Mahonia, Rubus, Vaccinium) e insectos (particularmente formigas, escaravellos e saltóns).[2]

Na época de celo os machos cantan marcando os seus territorios e fan curtos voos batendo as ás para atraeren ás femias. Os niños son simpes escavacións no solo escondidos entre arbustos ou pólas de árbores caídas. As fembras deixan o territorio dos machos despois do apareamento. Os polos aliméntase de exclusivamente de insectos nos primeiros dez días de vida.[2]

Taxonomía[editar | editar a fonte]

Descrición[editar | editar a fonte]

A especie foi descrita en 1873 polo ornitólogo estadounidense, especializado en taxonomía, Robert Ridgway nunha nota ao pé da páxina 14 do traballo Exped. Rocky Mt. [James]Phila. 2ª ed.,[8] baixo o nome de Tetrao fuliginosus.[Cómpre referencia]

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

Para a do xénero, véxase Dendragapus.

O epíteto específico fai referencia á cor da súa plumaxe.

Sinónimo[editar | editar a fonte]

  • Dendragapus obscurus fuliginosus (Ridgway, 1873)

Subespecies[editar | editar a fonte]

Recoñécense catro subespecies:[9][10]

  • Dendragapus fuliginosus fuliginosus (Ridgway, 1874)
  • Dendragapus fuliginosus sitkensis Swarth, 1921
  • Dendragapus fuliginosus sierrae Swarth, 1921
  • Dendragapus fuliginosus howardi Dickey & van Rossem, 1923

Controversia taxonómica[editar | editar a fonte]

Dadas as similitudes entre moitas das especies dos tetraoninos, non hai acordo unánime sobre a taxonomía do xénero Dengragapus.

Así, por exemplo, o Sistema Integrado de Información Taxonómica (ITIS), só considera como válida a especie Dengragapus obscurus,[11] considerando a Dendragapus fuliginosus como unha subespecie desta, Dendragapus obscurus fuliginosus (Ridgway, 1873),[12] utilizando como fonte a Zoonomen - Zoological Nomenclature Resource (23-05-2005). Porén, o Grouse Specialist Group (Grupo de especialistas en pitas do monte) recoñece a ambas as especes, Dendragapus obscurus e Dendragapus fuliginosus, como especies independentes.[5]

Outros consideran a especie Dendragapus falcipennis, que a maioría clasifican como Falcipennis falcipennis.[13][14][15]

Finalmente, outros consideran a Dendragapus canadensis, especie definida por Linneo como Tetrao canadensis Linnaeus, 1758, que a maioría dos autores clasifican tamén dentro do xénero Falcipennis, como Falcipennis canadensis.[16]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 BirdLife International (2016): Dendragapus fuliginosus na Lista vermella da UICN. Versión 2018-2. Consultada o 25 de febreiro de 2019.
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 del Hoyo, J., et al. 1994, pp. 401-402.
  3. 3,0 3,1 3,2 Sibley, D. (2000). The Sibley Guide to Birds. New York: Alfred A. Knopf. p. 143. ISBN 0-679-45122-6. 
  4. Banks, R. C.; Cicero, C.; Dunn, J. L.; Kratter, A. W.; Rasmussen, P. C.; Remsen, J. V. Jr.; Rising, J. D.; Stotz, D. F. (2006). "Forty-seventh Supplement to the American Ornithologists' Union Check-list of North American Birds" (PDF). The Auk 123 (3): 926–936. Consultado o 22 de febreiro de 2019. 
  5. 5,0 5,1 Schroeder, M. A. 2004, pp. 4-6.
  6. Banks, R. C.; Cicero, C.; Dunn, J. L.; Kratter, A. W.; Rasmussen, P. C.; Remsen, J. V. Jr.; Rising, J. D. & Stotz, D. F. (2006): "Forty-seventh Supplement to the American Ornithologists' Union Check-list of North American Birds" (PDF). The Auk 123 (3): 926–936.
  7. del Hoyo, J., Elliott, A., & Sargatal, J., eds. (1994). Handbook of the Birds of the World 2: 401-402. Lynx Edicions, Barcelona ISBN 84-87334-15-6.
  8. Dendragapus fuliginosus en Wikispecies.
  9. Dendragapus fuliginosus (Ridgway, 1873) en Avibase.
  10. Dendragapus fuliginosus (Ridgway 1873) na EOL.
  11. Dendragapus Elliot, 1864 no ITIS.
  12. Dendragapus obscurus fuliginosus (Ridgway, 1873) no ITIS.
  13. del Hoyo, J.; Elliott, A.; Sargatal, J.; Christie D. A. & de Juana E., coords. Handbook of the Birds of the World Alive. Barcelona: Lynx Edicions. ISBN 978-84-8733-415-3.
  14. BirdLife International (2017): Siberian Grouse. Falcipennis falcipennis na Lista vermella da UICN.
  15. Gallo siberiano. Falcipennis falcipennis (Hartlaub, 1855) en Avibase.
  16. BirdLife International (2016): Spruce Grouse. Falcipennis canadensis na Lista vermella da UICN.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]