GLAAD

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A Gay & Lesbian Alliance Against Defamation (GLAAD) é unha organización benéfica que desenvolve a súa actividade no mundo LGTB e declárase "dedicada a promover e asegurar unha imaxe nos medios xusta, precisa e non-exclusionista de xente e eventos como medio para eliminar a homofobia e a discriminación por identidade de xénero e orientación sexual".

A GLAAD foi fundada en 1985 en Nova York.


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.