Selena Gomez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Selena Gomez
Selena Gomez Logo New.png
Selena Gomez - Walmart Soundcheck Concert.jpg
Selena Gomez en 2013.
Nome completoSelena Marie Gomez
AliasSel, Selly, SelGo,
Nacemento22 de xullo de 1992 (26 anos)
OrixeGrand Prairie (Texas)Estados Unidos de América Estados Unidos
OcupaciónCantante, bailarina e actriz
XéneroTeen pop, R&B, pop, dance-pop, pop punk[1]
Instrumento(s)Voz, piano[2]
Selo(s) discográfico(s)Hollywood Records
Relacionado con Selena Gomez & The Scene, Demi Lovato, Katy Perry, Britney Spears, Miley Cyrus, Taylor Swift, Vanessa Hudgens
Tempo en activo1999-presente (actriz)
2008-presente (cantante)
Na rede
www.selenagomez.com
editar datos en Wikidata ]

Selena Marie Gomez nacida o 22 de xullo de 1992, é unha actriz e cantante estadounidense. Criada en Texas, comezou a súa carreira artística na serie infantil americana Barney & Friends a principios do 2003.  No 2007, Gomez empezou a conseguir fama despois de aparecer na exitosa serie de Disney Channel Wizards of Waverly Place. Interpretou á protagonista Alex Russo ata que rematou a serie no 2012. Formou a súa banda musical Selena Gomez & The Scene tras asinar un contrato con Hollywood Records no 2008; publicaron os álbums Kiss & Tell (2009), A Year Without Rain (2010) e When the Sun Goes Down (2011) antes de que se disolvese a banda no 2012.

Gomez entrou na industria do filme coas súas películas Ramona and Beezus (2010), Monte Carlo (2011) e Hotel Transylvania (2012). Conseguiu unha visión máis madura por parte do seu público despois de protagonizar o escandaloso filme Spring Breakers (2014) e de lanzar o seu álbum en solitario Stars Dance (2013). Este último proxecto debutou de número un na estadounidense Billboard 200 e conseguiu estar nás primeiras dez posicións do Billboard Hot 100 coa canción Come & Get It. Gomez rematou o contrato con Hollywood Records tras publicar unha recompilación das súas mellores cancións en For You (2014). Posteriormente asinou un contrato con Interscope Records para continuar o traballo no seu segundo álbum de estudio.

En paralelo coa súa vida pública de celebridade, Gomez tamén está implicada noutro tipo de actividades. Traballou en varias ocasións con múltiples organizacións de caridade, destacando notablemente a súa implicación con UNICEF, da que é a embaixadora máis nova. Formou a súa propia compañía, July Moon Productions no 2008. Dous anos máis tarde lanzou a súa primeira liña de moda a través de Kmart; dela, tódalas pezas de roupa conteñen materiais feitos con elementos ecolóxicos. No 2011 saíu á venda o seu perfume Selena Gomez Eau de Parfum. Dende o comezo da súa carreira artística, Gomez ten vendido 2.8 millóns de álbums e 18.1 millóns de cancións.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

O seu primeiro papel foi en Barney & friends, cantando moitas cancións da serie como Gianna, xunto a Demi Lovato. No 2006 participou como estrela convidada na segunda tempada de Zack & Cody interpretando a Gwen no episodio A Midsummer's Nightmare. En 2007, apareceu tamén nunha serie de episodios de Hannah Montana como Mikayla, unha estrela do pop que é rival da protagonista. Na actualidade é a protagonista da súa propia serie chamada Wizards of Waverly Place na que xa se está a gravar a segunda tempada xunto a David Henrie, Jake T. Austin e Jennifer Stone na cidade dos Ánxeles.

Música[editar | editar a fonte]

Gravou "Everything is Not What it Seems" ("Nada é o que parece") canción principal da serie Wizards of Waverly Place. No 2008, gravou unha versión do clásico de Disney "Cruella De Vil" para o DVD platino de 101 dálmatas e "Fly to your heart" da película de Disney Tinker Bell.

Tamén gravou cancións da banda sonora de Another Cinderella Story.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Selena Gomez". AllMusic (en inglés). Consultado o 2 de xaneiro de 2012. [Ligazón morta]
  2. Selena Gomez // Playing Piano. 2011. Consultado o 19 de decembro de 2011. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]