Saltar ao contido

Dedo maimiño

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Dedo maimiño
Dedo maimiño estendido
Latín digitus minimus
manus, digitus
quintus, digitus V
Arteria Arteria ulnar
Nervio(s) Nervio ulnar
Linfa supratroclear

O dedo maimiño, tamén chamado o dedo pequeniño ou ulnar, é normalmente o dedo máis pequeno da man humana, oposto ao polgar e situado ao lado do dedo anular.

Músculos

[editar | editar a fonte]

Hai catro músculos que controlan o dedo maimiño, tres dos cales conforman un grupo chamado eminencia hipotenar:

Significación cultural

[editar | editar a fonte]

En certas culturas vincúlanse os dedos maimiños de dúas persoas que realizan unha promesa. Tradicionalmente, considerábase a promesa como vinculante, e a idea orixinal era que a persoa que rompía a promesa debía cortar o dedo maimiño.

Dunha maneira similar, entre os membros da yakuza xaponesa (gánsteres), o castigo por certas ofensas é cortar parte das falanxes do dedo maimiño (ritual coñecido como yubitsume).

No Xapón, ter levantado o dedo maimiño ao falar sobre dúas persoas significa que elas están vinculadas sentimentalmente. Este xesto considérase anticuado e vulgar, mais en certas escenas anime úsase intencionalmente.

Na China, considérase vulgar levantar e ensinarlle o dedo maimiño a outra persoa da mesma maneira que na cultura occidental se xulga como vulgar ou agresivo mostrar o dedo medio. Adicionalmente, en Norteamérica, levar un anel no dedo maimiño posúe un significado simbólico. O dedo maimiño é o dedo das relacións, e por tanto levar un anel nel sinala que esa persoa é aberta e cariñosa.

Na India, levantar o dedo maimiño é un sinal de "katti" ou amizade rota, un signo de que alguén está anoxado, ou unha suxestión en ton de broma de que unha persoa que lle amosa o maimiño a outra non desexa falar con esta segunda persoa.

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]