Declaración dos dereitos do neno e outras cousas nosas
Aparencia
| Declaración dos dereitos do neno e outras cousas nosas | |||||
|---|---|---|---|---|---|
|
Título
| |||||
|
Instancia de
| |||||
|
Lingua
| |||||
| Publicación | |||||
|
Editor/a
| |||||
|
Editorial
| |||||
|
Número de edición
| |||||
| Datas | |||||
| |||||
| Localización | |||||
| |||||
| Identificadores | |||||
| |||||
| Wikidata | |||||

Declaración dos dereitos do neno e outras cousas nosas é unha obra publicada polo alumnado do Instituto Masculino de Lugo en 1973 co fin de difundir a declaración dos dereitos do neno e de poder recadar fondos para a excursión de fin de curso. Foi coordinada polo profesor Xesús Alonso Montero e publicada nas Ediciones Celta de Lugo.
Portada
[editar | editar a fonte]O debuxo da portada é de Xoán L. do Rego Sandín.
Índice
[editar | editar a fonte]O índice da obra, respectando a tipografía do orixinal, é:
- Limiar
- Colaboradores
- PRIMEIRA PARTE
- DECLARACIÓN DOS DEREITOS DO NENO
- SEGUNDA PARTE
- O NENO NA LITERATURA GALEGA
- a) No refraneiro
- b) Nas cantigas populares
- c) Na poesía
- d) Na narrativa
- e) Libros pra nenos en lingua galega
- Apéndice
Relación de estudantes
[editar | editar a fonte]A relación de estudantes colaboradores tal como se indica na obra (p. 7 e 8), ordenada por orde alfabética de apelidos (respectando a ortografía do orixinal):
- Xesús Alonso Pimentel
- Constantino Alvite Muinelo
- Manuel Arias Bal
- Víctor Annesto Pérez
- Fernando Bal Nieves
- Pablo J. Barón Escamilla
- Manuel Besteiro López
- Xoán L. do Rego Santín
- Xosé Mª Fernández Caamaño
- Xosé A. Ferreiro Fernández
- Cesáreo Fouz Hemández
- Hipólito Fraga Ferreiro
- Xurxo García Armero
- Santiago Ricardo Gómez Polín
- Ramiro González Talavero
- Luis X. González Carro
- Xoán M. Hemández López
- Alvaro López Prieto
- Xosé A. López Vila
- Celso Matalobos Cerceda
- Humberto Mazoy Fernández
- Fernando Merino Prieto
- Carlos R. Mourelle Cillero
- Fernando Noya Arquero
- Froilán Pallín Seco
- Xosé L. Pallisé Meilán
- Antonio Parga Rifón
- Anxel X. Pedrosa Nogueira
- Alfonso Peruga Almaraz
- Antonio Reija Doval
- Xosé Eduardo Rey Moure
- Luis Ribeira Calvo
- Antonio Rodríguez Río
- Arcadio Silvosa Alonso
- Fernando Torres Canadell
- Xavier Valiño Neira
- Daniel Varela Gorgoso
- Xosé A. Vázquez Iglesias
- Francisco X. Vázquez Núñez
- Xosé L. Veiga Goy
- Xosé C. Yáñez López
- Alexandre Yáñez Pérez
Contidos a destacar
[editar | editar a fonte]- Contén a Declaración dos dereitos do neno traducida ao galego (p. 9).
- As cantigas populares son coplas de octosílabos con diversas combinacións de rima (p. 23).
- A escolma de poesía recolle composicións de Manuel Curros Enríquez, Antonio Noriega Varela, Luis Pimentel, Celso Emilio Ferreiro, Manuel María e Xosé Neira Vilas (p. 29).
- A escolma de narrativa recolle composicións populares e textos de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao e Xosé Neira Vilas (p. 37).
- Nos libros para nenos, recóllense obras desde 1922, entre as que destaca As Roladas (1922) e o Método de lectura de Xosefa Iglesias Vilarelle (1932) (p. 45).
- No apéndice, recóllense propostas de dereitos realizadas polo alumnado de 3º entre as que se poden ler o 'dereito de voto', o 'dereito á diversión', o 'dereito de opinión no seo da familia', o 'dereito a podermos ver os exámenes despois de corrixidos e cualificados polo profesor', o 'dereito a termos un representante nas Cortes Españolas' ou o 'dereito a que non nos enganen con certas cousas, por exemplo co dos Reis Magos' (p. 51 e 52).