Xesús Pimentel

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Xesús Pimentel
Alias Cuchús Pimentel
Nacemento [cando?]
Orixe Lugo
Instrumento(s) guitarra

Xesús Pimentel, tamén chamado Cuchús Pimentel, é un guitarrista lugués.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Pimentel formouse en guitarra clásica primeiro, e en guitarra de jazz despois, se ben destaca fundamentalmente polo seu traballo como guitarrista de flamenco. Nos seus tempos mozos traballou en grupos de rock, como N.H.U. ou Noroeste, así como no conxunto de jazz Baio Ensemble.

Participou no disco La sal de la vida, a canda Uxía Senlle, Rasha e María Salgado. Acompañou habitualmente o mozo cantaor lugués El Kiki.

É fillo do escritor e polígrafo Xesús Alonso Montero.

Discografía[editar | editar a fonte]