Arcadio Silvosa
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 7 de agosto de 1958 ![]() San Xiao de Mos, España ![]() |
Morte | 9 de xaneiro de 2023 ![]() Hospital Universitario Lucus Augusti, España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | xornalista, concelleiro ![]() |
Arcadio Silvosa Alonso, nado en San Xiao de Mos[1] o 7 de agosto de 1958,[2] e finado en Lugo o 9 de xaneiro de 2023, foi un xornalista e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Foi alumno do Instituto masculino de Lugo, onde recibiu clase de Xesús Alonso Montero, e onde coincidiu con Cuchús Pimentel.
Traballou como xornalista desde a década dos oitenta. Primeiro empezou no xornal El Ideal Gallego, na súa delegación luguesa, e despois deu o salto á radio, onde traballou na Ser (Radio Lugo) durante moitos anos. Na Ser foi unha referencia na cidade e chegou a ocupar o posto de xefe de informativos.[1]
Ademais, tamén traballou como xornalista de televisión, en Televisión Lugo (fundada por Xulio Xiz), e na prensa escrita (delegado en Lugo de El País e da axencia EFE).[1] Tamén ocupou cargos directivos na Asociación de Prensa de Lugo e foi secretario da Asociación de Veciños de San Froilán.[2]
En 2011 presentouse na candidatura do PP ás eleccións municipais por Lugo como número dous,[3] logo de Xaime Castiñeira, e saíu escollido concelleiro. Porén, non ocupou responsabilidades de xestión, senón na oposición. En 2012 sufriu un ictus, que o deixou paralizado de medio corpo, e abandonou a vida política. Presentouse de maneira simbólica pechando a lista do PP nas eleccións de 2015 pero loxicamente tampouco saíu elixido.
Retirado a unha residencia de Outeiro de Rei, pasou alí os derradeiros anos,[4] se ben faleceu no hospital lugués.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 Palacios, Xosé M. (2023-01-09). "Muere Arcadio Silvosa, periodista de larga trayectoria en Lugo que también fue concejal". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 2023-01-09.
- ↑ 2,0 2,1 "Castiñeira rodéase dun equipo de profesionais «capaces, ilusionados e preparados» para facer fronte ao paro, á débeda e á inseguridade en Lugo – Partido Popular de Lugo". Consultado o 2023-01-09.
- ↑ 3,0 3,1 "Fallece el periodista y exconcejal Arcadio Silvosa". El Progreso de Lugo (en castelán). 2023-01-09. Consultado o 2023-01-09.
- ↑ Rodríguez, Marcos (2020-09-06). "Arcadio Silvosa: "A mí el bicho me pasó rozando"". El Progreso de Lugo (en castelán). Consultado o 2023-01-09.