Saltar ao contido

NetBSD

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
NetBSD


TipoBSD, sistema operativo libre e sistema operativo Editar o valor en Wikidata
LicenzaLicenza BSD Editar o valor en Wikidata
Baseado en386BSD (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Características
PlataformaDEC Alpha (pt) Traducir, ARM, PA-RISC (pt) Traducir, Motorola 68000, MIPS, PowerPC, SuperH (pt) Traducir, SPARC, RISC-V, VAX/VMS (pt) Traducir e x86 Editar o valor en Wikidata
Biblioteca de IUliña de comandos Editar o valor en Wikidata
Datas
Publicación19 de abril de 1993 Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
Contacto
Páxina WEBNetBSD.org Editar o valor en Wikidata
RedesTwitter: netbsd GitHub: NetBSD Editar o valor en Wikidata
Repositoriocvsweb.netbsd.org, github.com…, anonhg.netbsd.org e nxr.netbsd.org Editar o valor en Wikidata
Wikidata ]

NetBSD é un sistema operativo tipo Unix, libre (baixo a licenza BSD), seguro e dispoñíbel para multitude de plataformas, actualmente na versión 3.0. O seu bo deseño e as súas características avanzadas fano ideal para multitude de aplicacións. NetBSD xurdiu como resultado do esforzo dun gran número de persoas que teñen como meta producir un sistema operativo tipo Unix accesíbel e libremente distribuíbel.

NetBSD baséase nunha gran variedade de software libre que inclúe entre outros, a 4.4BSD Lite da Universidade de California-Berkeley, a Net/2 (Berkeley Networking Release 2) o sistema de ventás X do MIT e software GNU.

Cota de mercado dos S.O. BSD

Actualmente NetBSD céntrase en ofrecer un sistema operativo estábel, multiplataforma e orientado á investigación. Está deseñado tendo como prioridade escribir código de calidade ben organizado, e tendo moi en conta tamén o cumprimento de padróns ou estándares (POSIX, X/Open e outros máis relevantes): proba deste bo deseño é a súa ampla portabilidade, actualmente a 56 plataformas.

Trátase dun sistema operativo maduro, produto de anos de desenvolvemento (as orixes de BSD están sobre o ano 1977), e partindo do sistema UNIX sexta edición.

Algunhas vantaxes sobre outros sistemas operativos:

  • A mellor calidade de código (portado a 56 arquitecturas).
  • A miúdo é pioneiro en aplicar novas tecnoloxías (por exemplo IPv6).
  • Alta seguridade e estabilidade: foi usado na NASA.
  • Sistema de ficheiros BSD FFS (Fast File System), rápido e fiábel.
  • Seguridade: soporte de IPsec.
  • XEN: soporte nativo de máquina virtual XEN en versión 3.0.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]