Carlos López Gómez
Carlos López Gómez | |
---|---|
![]() Carlos López Gómez, Chinto, no Culturgal 2010. | |
Nacemento | 21 de maio de 1967 |
Lugar de nacemento | Boimorto |
Nacionalidade | España |
Ocupación | xornalista e escritor |
Coñecido por | Pinto & Chinto |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Carlos López Gómez, nado en Boimorto o 21 de maio de 1967,[1] é un escritor e xornalista galego, que asina as súas obras como Carlos López, e que é coñecido polo seu alcume Chinto.[2]
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Foi colaborador, entre outros, dos xornais composteláns El Correo Gallego e O Correo Galego.[1]
Desde 1993 forma un tándem con David Pintor, "Pinto", coa sinatura conxunta "Pinto & Chinto", que publia diariamente unha banda deseñada de homor gráfico (case sempre de temas de política) no xornal La Voz de Galicia.[2][3]
Así mesmo, nos últimos anos asina periodicamente artigos na sección de Opinión da Voz de Galicia.
A día de hoxe, Pinto & Chinto é a principal referencia da caricatura política en Galicia. Entre os seus premios de humor gráfico destacan o Curuxa do Humor (Museo do Humor de Fene), o Haxtur (Salón Internacional del Cómic de Oviedo) e o Hermés (Ayuntamiento de Barakaldo). En 2001 iniciaron a súa incursión na literatura infantil e, despois de máis de 20 libros, convertérnse nuns dos autores máis galardoados e prolíficos de Galicia: Premio Merlín, Premio Raíña Lupa, Premio Martín Sarmiento, Premio Pura e Dora Vázquez, e outros.[3]
Entre as súa obras pódense citar o poemario Espello sen fondo e Sobran as palabras, antoloxía de traballos publicados en diversos medios de comuicación conxuntamente con David Pintor.[1]
O 9 de agosto de 2014 presentou, na Feira do Libro da Coruña a súa primeira obra dirixida ao público adulto,[4] Raros e curiosos[5], publicada por Edicións Embora.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ 1,0 1,1 1,2 Barrera, Feliciano, ed. (2002). "López Gómez, Carlos". Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXI (en castelán). Santiago de Compostela: El Correo Gallego. p. 328. ISBN 84-8064-113-4.
- ↑ 2,0 2,1 Carlos López Gómez en Tebeosfera (en castelán).
- ↑ 3,0 3,1 Pinto & Chinto Arquivado 10 de outubro de 2019 en Wayback Machine. en Kalandraka.
- ↑ "El escritor Carlos López presenta hoy su nuevo libro «Raros e curiosos»". La Voz de Galicia. 9 de agosto de 2014.
- ↑ Raros e curiosos, na páxina web de Edicións Embora.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Outros artigos[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Entrevista con Carlos López en Madrid con niños, dragones y unicornios (en castelán).