Dares Frixio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaDares Frixio
Biografía
Nacementoséculo V Editar o valor em Wikidata
Morteséculo I Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeRoma Antiga Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoHistoria Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónescritor Editar o valor em Wikidata
Período de tempoImperio Romano Editar o valor em Wikidata
Período de actividade(Con vida en: século I a. C. Editar o valor em Wikidata)
LinguaLingua grega, lingua latina e Grego antigo Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Portada do Dares.

Dares Frixio é o suposto autor do libro De excidio troiae historia (Historia da destrución de Troia), tradución latina do século VI dun orixinal grego que trataba da Guerra de Troia.

No século II, Claudio Eliano dá a noticia de que con anterioridade á Ilíada atribuída a Homero houbo outra composta por Dares en lingua frixia[1]. Este dato é inverosímil en cando á antigüidade da obra, pero permite supor que este autor se baseaba na existencia dun orixinal grego na súa época que podería ser logo resumido e traducido ao latín para obter como resultado a Historia da destrución de Troia[2].

No libro nárranse os feitos desde a visión troiana, e sometendo á Ilíada a unha revisión histórica que elimina toda intervención dos deuses, nun intento de verosimilitude, indicando como motivos rivalidades amorosas. Dicíase deste libro que era unha tradución latina da obra de Dares Frixio. Durante moito tempo atribuíuse a Cornelio Nepote, e dicíase que o dedicou ao historiador Salustio; pero a linguaxe do libro é moi posterior ao da época de Nepote, e talvez haxa que datalo no século V.

O libro deste suposto «Dares Frixio» senta un antecedente autónomo acerca da Guerra de Troia, independente á de Homero. Isto é o que fai a diferenza e a novidade sobre o asunto. Sobre este particular sustentáronse varias opinións respecto diso no ambiente dos estudos clásicos. O punto é que o autor romano compuxo en latín resumos en verso da Ilíada de Homero, destinados ao ensino como o faría calquera profesor de literatura. O dito fin pedagóxico pode detectarse debido ao ton didáctico.

O autor concentrouse en verter do grego ao latín textos perdidos que pretendían ser orixinais, inéditas e copiosas crónicas de primeira man da Guerra de Troia. Ditas "variacións" non son máis que emulacións das pasaxes homéricas, facendo paráfrases do sentido do texto orixinal.

Conta a versión dun combatente troiano (Dares o frixio) sobre a destrución de Troia, con testemuños supostamente coetáneos e auténticos de soldados que loitaron en Troia en bandos contrarios. Existe outra versión e temos outro nome co cal se denomina a identidade do autor romano: Dares (De excidio Troiae historia) e Dictis o Cretense (Ephemeris belli troiani). En realidade trátase de dous exercicios retóricos da Antigüidade tardía que nos presentan unha versión da lenda troiana allea ao imaxinario homérico.

O nome de Dares aparece na Ilíada como o dun sacerdote de Hefesto en Troia[3]. Na Eneida, Dares é o nome dun troiano que participa nos xogos fúnebres en honra de Anquises[4]. Con todo, non hai datos que permitan identificar estes personaxes co pretendido autor da obra literaria[5].

Na tradución ao castelán do Poema de Troia de Benoît de Sainte-Maure chamada Versión de Afonso XI, lese que

[...] el que verdaderamente escribió la historia de Troya como sucedió fue Dayres, que era natural de dentro de la ciudad y presenció la destrucción... y no Omero (sic) que escribió más de cien años después de que la villa fuera destruida [...]
[...] o que verdadeiramente escribiu a historia de Troia como sucedeu foi Dayres, que era natural de dentro da cidade e presenciou a destrución... e non Omero (sic) que escribiu máis de cen anos despois de que a vila fose destruída [...]

Isto demostra tamén que na Idade Media se coñecía a versión Ilias latina, aínda que non se seguiu a Homero, senón a Dictis Cretense (s. IV) e a Dares Frixio (s. VI) ata que se fixo unha boa tradución do grego ao latín: a de Leoncio Pilato, terminada cara ao ano 1360.

A obra en España[editar | editar a fonte]

Na Biblioteca Nacional de Madrid (Sig.: MS/9847) consérvase un manuscrito adquirido por Serafín Estébanez Calderón en 1839, e entregado á mesma.

Se trata de Los 17 libros de Daris de Bello Troyano ahora nuevamente sacado de las antiguas y verdaderas historias, en verso, por Ginés Pérez de Hita, vecino de la ciudad de Murcia. Año de 1596.
Trátase dos 17 libros de Daris de Bello Troiano agora novamente sacado das antigas e verdadeiras historias, en verso, por Ginés Pérez de Hita, veciño da cidade de Murcia. Ano de 1596.

Non contén prólogo nin aprobacións. Entre 1596 e 1597, consegue o privilexio para a súa publicación, privilexio e libro que vende o 20 de xaneiro ao libreiro Juan García, de Alcalá de Henares. Neste libro puido basearse outro moi coñecido naquela época: o Libro de Alexandre, anónimo, escrito de forma amena como un libro de cabalarías.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Claudio Eliano, XI, 2: texto inglés.
  2. María Felisa del Bario Vega y Vicente Cristóbal López: Introducción al "Diario de la guerra de Troya" de Dictis Cretense y a la "Historia de la destrucción de Troya" de Dares Frigio, Gredos, Madrid, 2001, pág. 136. ISBN 84-249-2313-8.
  3. Homero: Ilíada, V: texto español en Wikisource. Véxanse os vv. 9 - 30.
  4. Virxilio: Eneida, V, 370 - 374.
  5. Bario y Cristóbal: op. cit., pp. 137 - 138.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Dares Frigio. Dictis Cretense (2001). La Ilíada latina. Diario de la guerra de Troya de Dictis cretense. Historia de la destrucción de Troya de Dares Frigio. Editorial Gredos. Madrid. ISBN 9788424923136. 
  • Louis Faivre d'Arcier (2006). Histoire et géographie d'un mythe. La circulation des manuscrits de Darès le Phrygien (VIIIe-XVe s.). École Nationale des Chartes (Mémoires et documents de l'école des chartes, 82). París. ISBN 2900791790. 

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]