Lapa olímpica

A lapa olímpica, tamén chamada de flama olímpica ou chama olímpica (en inglés: Olympic flame, ; en francés, Flamme olympique) é un símbolo dos Xogos Olímpicos.[3] Conmemora o roubo do lume dos deuses por parte de Prometeo e a súa posterior entrega á humanidade. As súas orixes remóntanse á antiga Grecia, onde se mantiña un lume a arder nas sedes de celebración dos Xogos Olímpicos Antigos. O lume foi reintroducido nos Xogos Olímpicos de Ámsterdam 1928 e desde entón foi parte fundamental dos Xogos Olímpicos Modernos.
A Carta Olímpica define a lapa olímpica como «a lapa que se acende en Olimpia baixo a autoridade do COI» e, neste sentido, «un facho olímpico é un facho portábel aprobado polo COI e destinado á combustión da lapa olímpica».[4]
En Berlín 1936 introduciuse por primeira vez unha viaxe de substitucións para levar a lapa dense Olimpia á sede dos Xogos. O percorrido do facho olímpico inicia co aceso de lapa en Olimpia e finaliza co aceso do peveteiro ou pira olímpica durante a cerimonia de apertura na cidade sede. Ao contrario da lapa, o percorrido non ten un precedente antigo.[5]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "O home trás da increíbel pira de Londres 2012". BBC Mundo.
- ↑ "Heatherwick Olympic cauldron lit by young hopefuls". BBC.
- ↑ Museo Olímpico. "The Olympic Symbols" (pdf). Comité Olímpico Internacional.
- ↑ (Comité Olímpico Internacional & 9 de setembro de 2013, p. 24)
- ↑ "Nazi olympics, Berlin 1936: Inauguration of the olympic torch relay". United States Holocaust Memorial Museum.
![]() |
A Galipedia ten un portal sobre: Xogos Olímpicos |