Dalatíidos
Dalatíidos Dalatiidae | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Cabrza de Isistius brasiliensis | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Especie tipo | |||||||||||||||||
Squalus licha Bonnaterre, 1788 | |||||||||||||||||
Xéneros e Especies | |||||||||||||||||
|
.
A dos dalatíidos (Dalatiidae) é unha familia de peixes elasmobranquios selaquimorfos da orde dos escualiformes.[1][2]
As súas especies distribúense por todos os océanos do mundo, tanto en rexións litorais como en mar a fóra.[3]
Características
[editar | editar a fonte]- Os dalatíidos son tiburóns de tamaño pequeno ou mediano (miden de 20 a 180 cm de lonxitude).
- O seu corpo ten forma de cigarro puro, coa cabeza estreita e o fociño arredondado.
- Teñen dúas aletas dorsais carentes de raios espiñentos; a primeira, orixinada por diante das aletas pelvianas, pero moi cerca delas.
Varias especies posúen órganos luminosos que aparecen como manchas negras principalmente na superficie ventral.[4]
Taxonomía
[editar | editar a fonte]Descrición
[editar | editar a fonte]A familia foi descrita en 1851 polo naturalista inglés John Edward Gray,[1] na súa obra List of the specimens of fish in the collection of the British Museum. Part I. Chondropterygii. British Museum (Natural History), Londres.
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]O nome científico da familia está formado, segundo a norma, sobre a raíz Dalati- do seu xénero tipo, Dalatias, coa adición do elemento do latín científico -ǐdae, propio dos nomes das familias de animais.[5]
Clasificación
[editar | editar a fonte]A familia inclúe seis xéneros con 10 especies:[1][3][2]
- Xénero Dalatias Rafinesque, 1810
- Dalatias licha (Bonnaterre, 1788) = Squalus licha Bonnaterre, 1788
- Xénero Euprotomicroides Hulley & M. J. Penrith, 1966
- Euprotomicroides zantedeschia Hulley & M. J. Penrith, 1966
- Xénero Euprotomicrus T. N. Gill, 1865z
- Euprotomicrus bispinatus (Quoy & Gaimard, 1824) (o tiburón pigmeo)
- Xénero Heteroscymnoides Fowler, 1934
- Xénero Isistius T. N. Gill, 1865
- Isistius brasiliensis (Quoy & Gaimard, 1824)
- Isistius labialis Q. W. Meng, Zhu & S. Li, 1985
- Isistius plutodus Garrick & S. Springer, 1964
- Xénero Mollisquama Dolganov, 1984
- Mollisquama parini Dolganov, 1984
- Xénero Squaliolus H. M. Smith & Radcliffe, 1912
- Squaliolus aliae Teng, 1959
- Squaliolus laticaudus H. M. Smith e Radcliffe, 1912
En Galicia
[editar | editar a fonte]Rodríguez Villanueva et al. citan a especie Dalatias licha como presente, ocasionalmente, nas augas galegas.[6]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 Dalatiidae Gray, 1851 no WoRMS.
- ↑ 2,0 2,1 Dalatiidae Graey, 1851 no ITIS.
- ↑ 3,0 3,1 "Froese, R. e D. Pauly, Eds. (2009): FishBase. World Wide Web electronic publication.". Arquivado dende o orixinal o 22 de abril de 2016. Consultado o 17 de decembro de 2012.
- ↑ Hamlett, W. C. editor (1999). Sharks, Skates, and Rays: The Biology of Elasmobranch Fishes. Baltimore: Johns Hopkins University Press. pp. 16–17. ISBN 0-8018-6048-2.
- ↑ O fetito de ser breve o "i" do sufixo latino xustifica a adapación do nome da familia ao galego como dalatíidos.
- ↑ Rodríguez Villanueva & Vázquez 1992, p. 93.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikispecies posúe unha páxina sobre: Dalatíidos |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Dalatíidos |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Compagno, Leonard; Marc Dando & Sarah Fowler (2005): Sharks of the World. Princeton University Press. ISBN 0-6911-2072-2.
- Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. 4th Edition. Hoboken, New Jersey: John Wiley & Sons, Inc. ISBN 0-4712-5031-7.
- Rodríguez Villanueva, X. L. e Xavier Vázquez (1992): Peixes do mar de Galicia. (I) Lampreas raias e tiburóns. Vigo: Edicións Xerais de Galicia. ISBN 84-7507-654-8.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Family Dalatiida2 en FihsBase. Con ampla información sobre a familia, icluíndo os nomes científicos das súas especies a as súas sinonimias (en inglés). Consultada o 12 de deembro de 2020.